•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Acivro Xoias

795 1056 CORALIA

PRACERES

Acivro Xoias

Contido extraído do número 7.

  • Rúa da Troia, 8
    981 57 68 31
    f acivroxoias

  • De luns a sábado:
    De 10.30 a 15.00
    De 17.30 a 21.30

Despois de dez anos de traballo ao lado dos ourives máis destacados de Compostela, Chus Iglesias Prado abriu a pasada primavera Acivro Xoias, un espazo cheo de encanto e maxia no corazón da rúa da Troia, un establecemento no que beleza e arte posúen formas anovadas que seducen tanto polo deseño como pola nobreza dos materiais empregados.

Coa artesanía de Galicia como gran protagonista das súas vitrinas, as pezas de autor xunto cos deseños propios están a converter este recuncho da zona vella nun dos escaparates máis atractivos da cidade.

Gargantillas, brazaletes e colares que namoran son, hoxe por hoxe, as pezas máis representativas de Acivro Xoias, fermosas creacións de artesáns de primeira fila, entre os que atopamos a Ardentia, a José Manuel Salvado Sanín (de Sanín Percusión), a José María Mayer ou a Roberto Pampín Tato.

Segundo Iglesias Prado, o público compostelán e o que visita a cidade coinciden en elixir as pezas en prata de lei como as súas favoritas; material que, combinado con xemas como o ónix, o coral do Mediterráneo ou o ámbar báltico, está de plena actualidade.

Igualmente están a triunfar as creacións de Ferraxe de Prata, e os colares de ferreñas de Sanín e Mayer. Ese mesmo éxito está acompañando a liña de autor de Iglesias Prado, que leva a música á prata, transformándoa nunha xoia.

«Xoias dentro dunha xoia», así explica Chus a identidade do seu establecemento, que só podía situarse na zona vella, corazón desa Compostela que tanto adora. E como Compostela, todas as súas xoias son únicas e posuidoras de garantía de autenticidade.

«Xoias véndense en moitos sitios -aclara Chus con paixón-. Aquí, en Acivro Xoias, véndense ilusións». No número 8 da rúa da Troia agárdanos un novo mundo por descubrir, un mundo repleto de xoias e beleza.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido