•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

AGATHA RUIZ DE LA PRADA
SCQ-NYC

Agatha Ruiz de la Prada

150 150 CORALIA

MODA LUCÍA CORDEIRO

Despois dunha década dirixindo a Asociación Creadores de Moda de España, desde 2013 Lucía Cordeiro é a Directora de Agatha Ruiz de la Prada en Nova York.

Agatha Ruiz de la Prada e máis eu compartimos un mesmo soño: traballar en Nova York. Ela cumpriuno antes ca min, pois xa hai quince anos que desembarcou nesta cidade cunha gran tenda no Soho, cuartel xeral que cambiou despois a TriBeCa, ao número 466 de Greenwich Street, onde eu me incorporei a traballar, cumprindo o meu. Hai tres anos.

Hai tempo, Agatha Ruiz de la Prada decidiu que ter tendas no exterior era máis importante que presentar as súas coleccións en desfiles internacionais. E, sen deixalos de lado, foi abrindo tendas nas cidades máis influíntes da moda: París, Milán e Nova York, que sumou ás españolas.

A tenda de Agatha Ruiz de la Prada en NY é a privilexiada atalaia desde a que observo os cambios que vive a moda, e as vías que se abren de cara ao incerto futuro. Vexo como se funde o vello sistema con aqueles que non son capaces de saltar pola borda e nadar cara ao descoñecido.

Agatha Ruiz de la Prada sempre ten saltado sen rede. Adiantouse ao pensar que tamén era importante a presenza nos desfiles do cliente final dos mercados nos que a marca está presente, e non só dos medios de comunicación e dos grandes compradores.

«Agatha Ruiz de la Prada sempre ten saltado sen rede. Adiantouse ao pensar que tamén era importante a presenza nos desfiles do cliente final dos mercados nos que a marca está presente, e non só dos medios de comunicación e dos grandes compradores».

«Os neoiorquinos constrúen a súa imaxe sen temor a estereotipos. Así o entenderon tamén hai anos dous símbolos da nosa Galicia: Maruxa e Coralia, as Dúas en Punto (como se lles coñecía en Santiago). Dous seres libres que utilizaron a moda para construír unha imaxe alegre que as salvara da loucura, pola perda que sufriron de case todo o material, e que lles reportou o recoñecemento, cariño e respecto da sociedade».

Lembro cando empezou a percorrer o mundo presentando as súas coleccións en París e Milán, para continuar presentándoas en México, Croacia, Colombia, Sri Lanka, Bolivia, Nixeria, Perú, Rusia, Uruguai, Paquistán… Na actualidade, cos seus máis de 40 produtos, ademais do téxtil, chega a todos os recunchos do mundo.

A moda non é só as tendencias que nos ofrece a gran distribución, é unha maneira de vivir, de construír unha personalidade. O mundo que nos ofrece Agatha Ruiz de la Prada, cuns deseños nos que impera a creatividade e a liberdade, conéctaa a Nova York, onde a mestura de culturas, etnias e idiomas, ten construído unha cultura común baseada no respecto á diferenza. Os neoiorquinos constrúen a súa imaxe sen temor a estereotipos. Así o entenderon tamén hai anos dous símbolos da nosa Galicia: Maruxa e Coralia, as Dúas en Punto (como se lles coñecía en Santiago). Dous seres libres que utilizaron a moda para construír unha imaxe alegre que as salvara da loucura, pola perda que sufriron de case todo o material, e que lles reportou o recoñecemento, cariño e respecto da sociedade.

Agatha Ruiz de la Prada leva máis de trinta anos alegrándonos a vida. Coa súa moda alegre, colorista, cómoda e asumíbel, permítenos vestirnos para vivir os novos tempos, nos que máis que nunca hai que botar man da creatividade.

«Agatha Ruiz de la Prada sempre ten saltado sen rede. Adiantouse ao pensar que tamén era importante a presenza nos desfiles do cliente final dos mercados nos que a marca está presente, e non só dos medios de comunicación e dos grandes compradores».

Andrea González e Ana González
Modelos

Álex Regueiro
Estilismo

Alfredo iglesias
Fotografía

Lucía Cabrera
Aux. de produción

Rois Llongueras
Maquillaxe

Rois Llongueras
Peiteado

Cidade da Cultura

Xaneiro de 2016

Data de publicación:

Localizacións:

Contido extraído do número 1.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido