•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

AMAYA ARZUAGA
SCQ-RGS

Amaya Arzuaga

150 150 CORALIA

MODA REDACCIÓN

Compostela vístese este verán coa sofisticación atemporal de Amaya Arzuaga, quen, logo de máis de vinte anos de éxitos no mundo da moda, segue a marabillar con coleccións que funden moda e arquitectura.

Nesta tempada, a deseñadora burgalesa triunfa con deseños tridimensionais, nos que curvas, superposicións e pregues están enchendo de maxia os paseos, os balcóns e os salón.

O amor polo patrón, polos tecidos nobres e polos xogos volumétricos, está na orixe do verán de Arzuaga, no que os tules, crepés, tecidos tecnolóxicos e reixas dan forma a unha colección moi traballada caracterizada por formas onduladas e femininas, que lle achegan un toque de sofisticación ao roupeiro.

«O amor polo patrón, polos tecidos nobres e polos xogos volumétricos, está na orixe do verán de Arzuaga, no que os tules, crepés, tecidos tecnolóxicos e reixas dan forma a unha colección moi traballada caracterizada por formas onduladas e femininas, que lle achegan un toque de sofisticación ao roupeiro».

«Vestidas de Amaya Arzuaga, as portas do salón amarelo do Casino ou da sala de baile do Círculo Mercantil, abriríanselle de par en par ás Marías, que, sen un oco no carné de baile, danzarían, felices, toda a velada».

As súas persoalísimas propostas convídannos a deixar voar o maxín e sérvennos de fonte de inspiración e escusa para poder facermos unha viaxe no tempo ata outros veráns e para asomármonos ás festas e fastos dunha Compostela en branco e negro.

Vestidas de Amaya Arzuaga, as portas do salón amarelo do Casino ou da sala de baile do Círculo Mercantil, abriríanselle de par en par ás Marías, que, sen un oco no carné de baile, danzarían, felices, toda a velada.

O branco e o negro son tendencia esta tempada e abren este número de Coralia, o número 3, no que a moda nos permite mirar cara atrás e cara adiante con emoción e ilusión.

Coa maxia arquitectónica de Amaya Arzuaga, chegou o verán a Compostela.

«O branco e o negro son tendencia esta tempada e abren este número de Coralia, o número 3, no que a moda nos permite mirar cara atrás e cara adiante con emoción e ilusión».

Elisa Gestal e Lucía Cabrera
Modelos

Álex Regueiro
Estilismo

Alfredo iglesias
Fotografía

Rod Mayer
Pendentes

Piepas
Carteiras

Rois Llongueras
Peiteado e maquillaxe

Pazo de Bendaña

Verán de 2016

Data de publicación:

Localizacións:

Contido extraído do número 3.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido