•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Ámboa

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Ámboa

Con presenza destacada de creadores composteláns, as vitrinas de Ámboa presentan xoias de firmas de toda Galicia, de Cataluña, Andalucía e mesmo do estranxeiro á par da cerámica de prestixiosos autores da Estrada, Buño, Lugo, Cuenca ou Madrid.

Para Carmen Rabuñal, xerente de Ámboa, a prata é unha paixón e un valor seguro que non pasa nunca de moda. Prata que este ano nos seduce en todos os acabados imaxinábeis: desde os oxidados aos baños de ouro, pasando por solucións que incorporan pigmentos, esmaltados, acibeche ou ámbar.

Desde 1990 Ámboa é un referente imprescindíbel das tendencias en xoias e complementos. Artesanía exclusiva que ten á prata e ao acibeche como protagonistas indiscutíbeis duns escaparates, aos que tamén se asoman outros materiais de actualidade coma o aceiro ou o papel.

Nun verán no que o estilo Maxi se impón, están gustando moito os complementos SIMELTECH de Orfega Compostela, en especial os colgantes de prata fusionada con pigmentos naturais, así como as pezas de acibeche doutra firma santiaguesa: Adonis. Asemade, están en alza os ratiños de gres da berciana Pilar Tirados e os murais decorativos de cerámica.

Buscando a máxima satisfacción dos seus clientes, Ámboa marca a tendencia en Compostela.

Contido extraído do número 3.

  • Rúa Nova, 44
    T 981 58 33 59
    De luns a sábado:
    10.00 – 21.00

  • Acibechería, 33
    981 56 39 32
    De luns a sábado:
    09.30 – 21.00

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido