D'caballero

Cuestión de estilo

Degradado, difuminado, afeitado ou face son termos caraterísticos dos salóns de peiteado de estilo latino e a mestría de Josué Antonio Rosario Alcántara nestes cortes e afeitados fixeron do seu salón, D’caballero, o máis importante da contorna nos cortes latinos.

Despois de dúas décadas na profesión, Alcántara, compostelán de corazón nado na República Dominicana, fixo en 2013 o seu soño realidade abrindo o seu propio salón.

Experto nas innovacións en corte moderno orixinadas nas barbarías afroamericanas, Alcántara decántase por un degradado suave e escuro como corte estrela deste inverno; apostando por degradados máis radicais para a mocidade, ao xeito das tendencias no corte perfilado que triunfan por toda Europa.

E, con independencia do estilo de cada quen, para lucir un pelo perfecto durante todo o inverno, Alcántara aconsella coidalo aplicando un chisco de aceite ou de vaselina, logo do lavado.

D'caballero
República Arxentina, 46
600 76 11 83
De luns a venres:
10.00-13.30/16.30-20.30
Sábado:
11.00-14.00/17.00-20.00
ENGLISH VERSION

Se queres recibir na casa a nosa versión impresa, preme sobre a ligazón:

INVERNO

PRIMAVERA

Se queres poñerte en contacto coa redacción de CORALIA, escribe a:

redaccion@coralia.gal

Se queres contactar co noso departamento de publicidade, escribe a:

publicidade@coralia.gal