Catrineta

Sabor en conserva

Desde a súa apertura, no san Xoán de 2013, a conserveira Catrineta está a poñer en valor a excelencia das nosas conservas de peixe e marisco. Con isto, dalle un novo pulo a un sector de longa historia nas terras de Compostela, ao tempo que lle insufla nova vida ao antigo local de Recouso.

A carta de sabores de Catrineta semella non ter fin e aínda que as xoubas, mexilóns, zamburiñas e patés de mariscos son as especialidades máis demandadas, a conserveira compostelá actualiza permanentemente as súas propostas con novas preparacións procedentes de Galicia e Portugal: picantes, ao limón, guisadas, etc.

Cristina e Roberto, os artífices de Catrineta, están a redescubrirnos os segredos e virtudes das conservas, xunto a sabores para todos os gustos, horas e idades: petisco de xoubas con ovo cocido, para recuperar forzas a media mañá, ou ventresca de atún afumada, para escorrentar o frío, son dúas ideas co éxito garantido; tamén o é unha cea para dous que inclúa un dos seus escumosos, a xarda, a xouba afumada, os seus patés de marisco e o caviar de ourizo.

Quen dixo que Compostela non tiña mar?

Catrineta
Ruela de Altamira, 2
981 57 75 44
De luns a sábado:
10.00-14.30/17.30-20.30
ENGLISH VERSION

Se queres recibir na casa a nosa versión impresa, preme sobre a ligazón:

INVERNO

PRIMAVERA

Se queres poñerte en contacto coa redacción de CORALIA, escribe a:

redaccion@coralia.gal

Se queres contactar co noso departamento de publicidade, escribe a:

publicidade@coralia.gal