Queroté

Un mundo de sensacións

Preto de cen variedades distintas de tés e cafés converten a Queroté no rincón favorito de quen busca unha infusión especial e de quen goza descubrindo novos sabores.

Eva Cividanes, a súa alma máter, está a transformar os gustos de Compostela e de clientes de todo do mundo desde un espazo singular cheo de encanto, cuxa impresionante carta inclúe tés de China, India ou Sudáfrica, e cafés de Colombia, Nicaragua ou Brasil.

Encravado no corazón da rúa de San Pedro, Queroté está a triunfar con mesturas tan exitosas como a de puerh, té verde, kiwi e amorodos; coas variedades de té negro puro, ideais para espabilar pola mañá; ou co rooibos con alcaravía, anís, fiúncho, menta e pétalos de xirasol que facilita un sono profundo e reparador.

Queroté é tendencia e unha visita obrigada este inverno.

Queroté
Rúa de San Pedro, 93 881 94 75 72 Luns: 17.00-21.00 De martes a venres: 11.00-14.00/17.00-21.00 Sábado: 11.00-14.00
ENGLISH VERSION

Se queres recibir na casa a nosa versión impresa, preme sobre a ligazón:

INVERNO

PRIMAVERA

Se queres poñerte en contacto coa redacción de CORALIA, escribe a:

redaccion@coralia.gal

Se queres contactar co noso departamento de publicidade, escribe a:

publicidade@coralia.gal