•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

metrocuadrado

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

metrocuadrado

metrocuadrado design&contract é un estudio especializado no deseño de espazos comerciais que está a revolucionar o interiorismo da capital galega con proxectos cheos de enxeño e orixinalidade.
Nos funcionais e ousados deseños da firma metrocuadrado a diferenciación é un requisito obrigado, igual que o son unha estreita comunicación co cliente e a optimización dos recursos.

«Agora hai moita xente que copia, pero nós preferimos innovar arriscando» explica Devesa, por cuxas mans pasan gran parte das reformas e deseños de novos negocios de Santiago e a súa contorna. E para ir por diante dos demais, metrocuadrado propón sempre algo diferente ao xa visto, rexeitando a imitación que tan a miúdo reproduce o interiorismo en Galicia.

Inimigos da imitación e da repetición de ideas, en metrocuadrado deféndese un interiorismo «sen rumbo fixo», no que cada proxecto é diferente ao anterior e vai implicar a busca de novos materiais e usos orixinais. Este xeito de descontextualizar xera ademais un dos máis recoñecidos sinais de identidade desta firma punteira que considera que o vintage e o ar industrial deixaron de estar en tendencia. Entramos, de feito, nun tempo marcado polos materiais puros, polo gusto polos azuis e verdes auga, polas liñas rectas ou polas iluminacións concentradas.

Contido extraído do número 4.

Esteban Devesa Rico dirixe, desde 2012, un equipo de profesionais aos que acompaña o éxito, arriscando e propoñendo solucións innovadoras que foxen das tendencias xerais. Seus son, entre outros, os proxectos de Núa Amélie, Artesana Gastrobar, Cibeles Restobar, La Fromaxerí ou A barbería.
O estilo metrocuadrado está a cambiar a cara da área metropolitana compostelá, cun concepto do deseño que se está a estender por toda Galicia, por Asturias, por Madrid ou por Francia. «Agora hai moita xente que copia, pero nós preferimos innovar arriscando» explica Devesa, por cuxas mans pasan gran parte das reformas e deseños de novos negocios de Santiago e a súa contorna. E para ir por diante dos demais, metrocuadrado propón sempre algo diferente ao xa visto, rexeitando a imitación que tan a miúdo reproduce o interiorismo en Galicia.

Esta capacidade para crear espazos comerciais singulares é a mesma que metrocuadrado exhibe no deseño do fogar, con reformas integrais baseadas en espazos flexibles, ou no momento de proxectar unha nova escenografía.
O cambio é unha necesidade dos locais sen carácter, pero hai locais que se fixeron co tempo e que teñen alma, para os que a renovación podería ser mesmo contraproducente. «En calquera caso -explica Devesa-, o custo que supón contratar a un interiorista amortízase rapidamente grazas á nosa capacidade para obter bos prezos en materiais e para axustar orzamentos».

Hoxe metrocuadrado é unha referencia fundamental do interiorismo galego, grazas á súa capacidade para converter cada novo deseño nunha completa experiencia memorial, na que todos os elementos, desde o aspecto definitivo do local ata a bolsa na que nos entregan as mercadorías, pasando por cores, luces e aromas, nos deben animar a regresar decontado.

Con metrocuadrado, a beleza está no interior.

  • Avda. Rosalía de Castro, 51. Milladoiro
    618 46 41 01
    f metrocuadradodesign

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido