•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Artesana

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Artesana Gastrobar

«A min -conta Álvaro- gústanme moito os pratos de culler e a intensidade de sabor e textura crocante das frituras». Gozar facendo o que máis lle gusta é unha das claves da súa cociña, que ten no peixe fresco, nas carnes saborosas e nas verduras de tempada a esencia da carta do outono. Unha selección de sabores e sensacións que volverá ter o xamón ibérico como un dos seus esenciais; e na que tostas, croquetas e langostinos volverán estar entre os favoritos do público que cada día converte este espazo luminoso e confortábel da Avenida de Ferrol (Conxo), no seu local gastronómico favorito. Deste éxito volverá ser corresponsábel a excelente adega de Artesana Gastrobar, en cuxa carta as referencias galegas teñen unha importante presenza. Se ben, como nos aclara Álvaro: «No Artesana, máis que por denominacións de orixe, a carta de viños está organizada por momentos e estados de ánimo».

Artesana Gastrobar, un enderezo de visita obrigada no outono de Compostela.

Contido extraído do número 7.

Desde a apertura en 2012 de Artesana Gastrobar, Álvaro Pérez Blanco propúxose procurarlles bos momentos aos seus clientes, e facelo a diario. Conseguilo é un obxectivo irrenunciábel para este profesional namorado do seu oficio que persegue a excelencia en cada prato e que constantemente está a incorporar novas propostas e tendencias. «Aspiro -explícalle Álvaro a Coralia- a facer as cousas ben no día á día, a sentirme orgulloso do camiño elixido. É así como chegas a sentirte realizado e valorado».

A súa é unha fórmula de éxito que achegou a Compostela o formato do gastrobar, un orixinal concepto gastronómico que traslada a un bar as propostas culinarias dos restaurantes gastronómicos. Para Álvaro o gran segredo do Artesana reside no agarimo co que se elaboran unhas cartas e menús tan ricos como equilibrados, xunto á proximidade e esixencia máxima do seu equipo no servizo á clientela.

  • Avenida de Ferrol, 9
    981 53 04 52
    artesanagastrobar.com

  • De luns a sábado:
    13.00-16.00 (xantar)
    20.00-23.30 (cea)

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido