•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Cuadros Asorey

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Cuadros Asorey

O marco da arte

Durante os primeiros anos da súa andaina Cuadros Asorey alcanzou o éxito con coleccións de cadros de paisaxes, escenas románticas ou bouquets de flores ao gusto do mercado. Habería que esperar á chegada dos anos oitenta para asistir ao triunfo da singularidade na sociedade e na decoración; unha revolución na que se imporá o gusto polo orixinal e polo encadramento á carta. A partir dese momento, a gama de posibilidades íase multiplicar, ata posibilitar hoxe en día infinitas solucións creativas no encadramento á carta, na impresión dixital, no deseño e na restauración.

Contido extraído do número 4.

  • Rúa do Home Santo, 21
    981 56 21 97
    www.cuadrosasorey.es

  • De luns a venres:
    10.00-14.00/16.30-21.00
    Sábados:
    11.00-14.00

Corría o ano 1968, cando Luis Gelpi Asorey abre nun soto da rúa do Home Santo o primeiro obradoiro de Cuadros Asorey, eixe dunha firma que ao longo de varias décadas vai fornecer de cadros ás moblarías, aos bazares e a establecementos comerciais de sona como El Pilar Grandes Almacenes.

Para que o encadramento á carta entrara a formar parte da listaxe de servizos de Cuadros Asorey, haberá que agardar á apertura ao público do seu obradoiro en 1985. E, xa co encadramento á carta convertido na actividade principal da casa, Cuadros Asorey inaugurará en 1998 a súa tenda no número 21 do Home Santo, a carón dos obradoiros nos que se escribiu e escribe a historia desta firma imprescindíbel.

Das 150 molduras do mostrario orixinal chegouse ás 2600 mostras actuais que permiten satisfacer calquera desexo á hora de enmarcar e preservar un recordo no tempo. Grazas ao virtuosismo do seu equipo, Cuadros Asorey fai posíbel todo tipo de encadramentos: desde traballos de gran formato a montaxes sen marco, pasando por vitrinas, urnas ou marcacións a medida para fotografía.

Aquí atopan o seu marco ideal un talismán de pedra e un coitelo da matanza, como tamén o fan bonecas, berbequís ou culleres antigos. De liña clásica ou moderna, de piñeiro ou nogueira, de aspecto industrial ou pintadas a man, con ou sen passepartout, as combinacións son infinitas.

O amor desta familia pola arte e pola conservación das obras nas mellores condicións vén de vello e vai a máis, de aí que inclúa entre os seus servizos o da restauración profesional de papel, seda ou pintura, a produción artística de proxectos fotográficos de alta calidade, a edición seriada de estampa dixital ou a impresión giclée.

Entidades como o Museo das Peregrinacións e o CGAC; e artistas como Alfonso Costa, Quintana Martelo, Masiá ou Tomé forman parte da variadísima carteira de clientes de Cuadros Asorey, o espazo de arte no que sempre atoparemos un sorriso e unha solución á medida.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido