•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

DESIGUAL
SCQ-BCN
con Diana Nogueira

Desigual

150 150 CORALIA

MODA DESIGUAL

Insólitas, libres e soñadoras: así eran as Dúas Marías, mulleres que se enfrontaron a unha paisaxe política opresiva e gris usando os seus traxes de cores. As irmás Fandiño Ricart insuflaron un sopro de ar fresco ás rúas de Santiago de Compostela, vestidas con vívidas e inesquecíbeis vestimentas.

A colección AW16 de Desigual, It´s not the same, ben podería ser parte do gardarroupa deste dúo libertario. Estampados e mesturas de tecidos de todo o mundo, combinacións cromáticas sorprendentes e patches de culturas e materiais moldean unha colección que garda unha mensaxe cosmopolita, coa que enfrontar calquera situación.

As siluetas sensuais e os estampados traídos do Xapón serían as armas perfectas das que as Dúas Marías terían botado man para as súas proezas liberadoras. O espírito artesanal e o handmade do denim da colección, enriquecido con aplicacións da India, encaixaría perfectamente cos brillantes deseños de Maruxa e Coralia, que adoitaban crear combinacións cheas de personalidade, esas mesmas que caracterizan a Desigual na pasarela e son inherentes aos seus códigos estéticos. Asemade, os panos con prints dixitais, con xogadores pompóns nos seus reberetes, terían servido a Coralia e Maruxa como chales e toucados, aqueles cos que percorrían a cidade vella de Compostela. E dos bolsos de It´s not the same, cheos de aplicacións e paisaxes, terían sacado os lapis de labios vermellos cos que decoraban os seus rostros para marcar as meixelas dos estudantes, e deixar así a súa pegada na historia dunha sociedade que loitaba por crebar o inmobilismo do franquismo.

«Insólitas, libres e soñadoras: así eran as Dúas Marías, mulleres que se enfrontaron a unha paisaxe política opresiva e gris usando os seus traxes de cores. As irmás Fandiño Ricart insuflaron un sopro de ar fresco ás rúas de Santiago de Compostela, vestidas con vívidas e inesquecíbeis vestimentas».

«Scott Schuman, autor de The Sartorialist, teríase rendido á frescura de Coralia e Maruxa, paseando por Compostela ás dúas en punto subidas aos seus sonoros tacóns, lucindo as súas mesturas de estampados, xa fose a pé ou en bicicleta -un medio de transporte convertido, moitos anos máis tarde, en complemento de moda por moitos editoriais e bitácoras de tendencias-».

Sen dúbida, a imaxe destas dúas mulleres valentes e ousadas, cuxo vestiario incluía transgresores estampados, tería enchido hoxe os bitácoras de street style. O propio Scott Schuman, autor de The Sartorialist, teríase rendido á frescura de Coralia e Maruxa, paseando por Compostela ás dúas en punto subidas aos seus sonoros tacóns, lucindo as súas mesturas de estampados, xa fose a pé ou en bicicleta -un medio de transporte convertido, moitos anos máis tarde, en complemento de moda por moitos editoriais e bitácoras de tendencias-.

Os abrigos evasé de vivas cores e as novas chaquetas de estampados de cadros de la poderían ser do gusto das Dúas Marías para escorrentar o frío. E os ponchos, con aplicacións e estampados, terían servido de broche aos seus vestidos de longo midi e ás súas medias de cores. O certo é que non terían desentoado no desfile da colección, onde as modelos de Desigual percorren a pasarela con descaro, alegría e looks que captan todas as miradas grazas á maxia do diferente.

Para as mulleres que como as Dúas Marías posúen un interior e un exterior singular e sorprendente, os bolsos reversíbeis de Desigual serán esta tempada un complemento perfecto. E as solas de foam dos zapatos das propostas invernais da firma -capaces de manter na memoria as peculiaridades da pegada de cada muller- permitirán deixar marca, como fixeron Maruxa e Coralia na memoria e na historia de Santiago de Compostela. Como tamén fan os deseños de tricot, cos seus longos asimétricos, as siluetas oversize ou as camisas con debuxos característicos dos azulexos turcos e as blusas con encaixes franceses.

««As solas de foam dos zapatos das propostas invernais da firma -capaces de manter na memoria as peculiaridades da pegada de cada muller- permitirán deixar marca, como fixeron Maruxa e Coralia na memoria e na historia de Santiago de Compostela».

«Fronte á animosa Maruxa, Coralia sorprendía coa súa timidez. E, malia que eran mulleres moi diferentes, xuntas formaban unha única bandeira de rebeldía».

Fronte á animosa Maruxa, Coralia sorprendía coa súa timidez. E, malia que eran mulleres moi diferentes, xuntas formaban unha única bandeira de rebeldía. Este espírito, o da rebeldía, distingue a Desigual, que vai mesturar esta tempada tecidos e siluetas tradicionais con prints e asimetrías de vangarda. As Dúas Marías foron un yin e un yang irrepetíbel no que branco e negro deixaron paso a un arco da vella reivindicativo da diversidade, a liberdade e a singularidade. Coralia e Maruxa, ao igual que a nosa colección de inverno, non eran iguais ao resto. Eran, por definición, 100% Desigual. Non foron, á fin e ao cabo (de xeito ningún!), the same.

Diana Nogueira
Modelo

Álex Regueiro
Estilismo

Alfredo iglesias
Fotografía

Lucía Cabrera
Aux. de produción

Rois Llongueras
Maquillaxe e peiteado

Piepas
Calzado

Parque de Bonaval

Outono de 2016

Data de publicación:

Localizacións:

Contido extraído do número 4.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido