É TENDENCIA
O shoemaker do momento é taxante: «A madurez non é consecuencia da idade. É o resultado de ter ben calzados os pés».
Comodidade, aillamento, durabilidade e exclusividade definen as pezas de Tallón, que requiren máis de douscentos cincuenta procesos, amais do cosido Goodyear -o procedemento de fabricación de zapatos máis aclamado-, a única técnica que este creador emprega na fabricación manual ou semiartesanal de calzado.
«A madurez non é consecuencia da idade. É o resultado de ter ben calzados os pés».
A excelencia das pezas de Fernando Tallón é resultado da combinación de materiais de primeirísima clase en peles e pisos e dunha fabricación que aplica os máis altos estándares de calidade internacional. Os seus blucher, chelsea, monkstrap ou oxford son de boxcalf, ante ou cabra sobre suelas de primeira calidade e tacóns capa a capa.
Un par de zapatos din de nós moito máis do que pode parecer a priori, de aí que Tallón considere que os zapatos constitúen os mellores aliados dun estilo de vida cando deixan de ser unha necesidade. Dito doutra maneira: «As emocións amósanse a través da cabeza e o corazón, pero as auténticas comezan vestíndose polos pés».
«As emocións amósanse a través da cabeza e o corazón, pero as auténticas comezan vestíndose polos pés».
«Fagas o que fagas o que importa e permanece sempre é a esencia»
Ready to wear ou a medida, e deseñadas ad hoc a partir dunha paleta de cor infinita, as creacións do pontevedrés Tallón son a mellor expresión da excelencia e a diferenciación. «Fagas o que fagas -explica Fernando- o que importa e permanece sempre é a esencia». Non pode estrañarnos que este creador afincado en Pontevedra atope na personalidade e non no físico o factor verdadeiramente diferencial. Sexa cal sexa o noso estilo -estándar, clásico, rústico, experimental, vangardista, etc.-, Tallón vaino trasladar a un par de zapatos perfectos.
«A excelencia das pezas de Fernando Tallón é resultado da combinación de materiais de primeirísima clase en peles e pisos e dunha fabricación que aplica os máis altos estándares de calidade internacional».
Alfonso Costa
«A arte é un enigma»
María Solar
«O mellor está sempre por vir»
Tino Martínez
O mestre da fotografía
Luz Fandiño
A poesía da vida