•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Lilas

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Lilas

Con centros operativos nas rúas da República Arxentina e do Castiñeiriño, e servizos de venda en liña e a domicilio, para Lilas as protagonistas florais dos vindeiros meses van ser as peonias.

No eido dos complementos, o éxito acompaña aos seus toucados e pamelas, que triunfan en vodas e en todo tipo de eventos sociais; acontecementos que se despiden do minimalismo, no que a arranxos florais se refire, para dar a benvida ás grandes decoracións barrocas.

De cara a este verán, os seus deseños máis chic incorporan cintos de flor natural e artificial xunto a coroíñas a base de verdes africanos, ornitógalo, rosa pitiminí e calandivas.

A atención personalizada e a alta cualificación do seu persoal son dous dos piares principais nos que se apoia o prestixio de Lilas, firma compostelá de floristas profesionais que dirixen Maricarmen Arzúa e Antonio Louzán.

Cunha traxectoria de máis de trinta anos na arte floral e na decoración, os seus traballos posúen unha identidade singular, ese 'toque' Lilas que seduce á cidade e a súa contorna, onde gustan especialmente as súas margaridas, lilium e rosas, as súas orquídeas ou o seu recoñecíbel e recoñecido bouquet de flores variadas.

Lilas é desde 1985 o nome das flores en Compostela.

Contido extraído do número 3.

  • República Arxentina, 41
    T 981 59 68 79
    De luns a venres:
    09.30-14.00/16.00-21.00
    Sábado:
    09.30-14.30/17.00-20.30

     

  • Rúa do Castiñeiriño, 1
    T 981 52 52 93
    De luns a venres:
    09.30-14.00/16.00-21.00
    Sábado:
    09.30-14.30/17.00-20.30

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido