•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

#Fotolingua:

gaña co galego!

#fotolingua 2019

150 150 CORALIA

Por cuarto ano consecutivo, o departamento de Lingua do Concello de Santiago, vén de botar a andar o concurso #Fotolingua, unha iniciativa que quere darlle visibilidade aos establecementos da cidade comprometidos coa lingua galega.

Iggy Pop

Consulta as bases completas en:

Por cuarto ano consecutivo, o departamento de Lingua do Concello de Santiago, vén de botar a andar o concurso #Fotolingua, unha iniciativa que quere darlle visibilidade aos establecementos comerciais da cidade comprometidos coa lingua galega.

Para participar neste novo certame, só hai que publicar nas redes sociais de Facebook ou Instagram unha imaxe na que se transmita a vitalidade da nosa lingua na actividade dunha empresa da cidade. A fotografía, que pode tomarse co móbil ou calquera dispositivo electrónico, deberá reflectir con claridade o uso do galego en calquera soporte visible para o público, isto é: escaparate, carteis, rótulos, etiquetaxe, cartas, anuncios…

As persoas interesadas deberán facerse seguidoras da páxina ou do perfil #fotolingua nas mencionadas redes e incluír os cancelos #fotolingua #establecementosengalego e #ogalegovende á fotografía coa que participa e acompañala dunha identificación que permita situala (nome do establecemento, enderezo e/ou localización xeográfica). Pódense publicar tantas fotos como se desexe.

O concurso dispón de dúas modalidades: o premio do público e o da organización. O primeiro irá parar a aquela imaxe que consiga máis “Gústame”. Para facerse coa da organización, a imaxe terá que ser a máis orixinal e creativa á hora de transmitir a mensaxe #ogalegovende.

Hai en xogo unha tableta Huawei Mediapad para quen gañe cada unha das modalidades, pero haberá tamén moitas máis sorpresas como o sorteo de distintas experiencias entre as persoas seguidoras de #fotolingua.

A participación estará aberta até o 7 de xuño.

Queres ollar outros contidos relevantes?

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido