•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

MOISES ROSARIO
no diván de Coralia

Moises Rosario

150 150 CORALIA

SOCIEDADE

Como te presentarías en poucas palabras?
Son unha persoa loitadora que chegou desde abaixo, adaptándose a un novo país, ás súas leis e á súa cultura. Son amigábel e agradábel, ou iso din de min. E a miña profesión é a de peiteador. Aquí exerzo desde o ano 2013.

A que persoa viva admiras?
A LeBron James

Se puideses escoller en que ou quen reencarnarte, que ou quen quererías ser?
É que eu non creo na reencarnación.

Un libro que pague a pena recomendar?
A Biblia.

Podes imaxinar a vida sen internet?
Si.

Tes algunha manía ou ritual de obrigado cumprimento cada día?
Rilar (os dentes), a todas horas, mañá, tarde, noite. Sempre estou a rilar.

moises rosario

Que querías ser cando eras pequeno?
Xogador de baloncesto profesional.

Cal é o teu animal de compañía favorito?
O can.

A que che gusta dedicar as horas mortas?
A ver pasar o tempo sentado nunha terraza saboreando unha cervexa, sen máis.

Algo que antes che gustara e que agora aborrezas?
As bebidas enerxéticas.

E, ao contrario?
O ron, porque no meu país de orixe (República Dominicana) o ron é unha bebida moi común.

Contido extraído do número 10.

Principal ingrediente da felicidade?
Ser ti mesmo.

Que personaxe histórico che produce máis animadversión?
Cristóbal Colón, por espoliar os meus devanceiros.

Cal é o teu medo máis recorrente?
O alzheimer; o non saber quen é quen.

Cal é o mellor día da semana?
O domingo.

Cal é o teu maior éxito?
Ser peiteador. Unha profesión que mo deu todo.

Onde viaxas para perderte?
Para perderme saio ao monte, procurando o contacto coa natureza.

Hai algún don que botes en falta?
A vitalidade dos 18.

Cal é a característica que máis admiras nun home?
A intelixencia.

E nunha muller?
A beleza e a intelixencia.

Como che afecta o Nadal?
Ultimamente deprímeme, des que falta a miña nai.

Na cociña es un artista facendo que cousa?
As carnes guisadas mailos arroces.

Cal é o principal trazo do teu carácter?
A bondade. Din que son boa persoa.

Dos cinco, cal é para ti o sentido máis importante…?
A vista.

Que canción non podes deixar de cantaruxar?
Usted no sabe lo que es el amor de Alexandre Pires.

Con que defectos es máis comprensivo?
Coa hipocrisía.

Cales son as loitas coas que máis te identificas?
A igualdade entre homes e mulleres.

Noctámbulo ou madrugador?
Noctámbulo!

Cal é o teu maior atractivo?
O meu corpo.

Que che inspira Compostela?
Confianza.

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido