•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

OUTONO DE 2019

Principiamos curso levando á nosa portada ao campión Adrián Mosquera, supercampión e o home de moda de Coralia, revista que achega no seu primeiro número enteiramente galego entrevistas en profundidade coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, con Manuel Rivas, o noso autor máis lido, e coa curadora e especialista en arte contemporánea Paula Cabaleiro. Moda, arquitectura, cosmética, artesanía, xoiaría e moito máis anticipan un outono repleto de novidades!

  • número 14

Queres recibir a revista contra reembolso?

Recíbea na casa por 10,00 euros


Selecciona o número que queres recibir contra reembolso:

1413121110987654321

Queres subscribirte por un ano?

Recibe 4 números por 35,00 euros


Selecciona os número que queres recibir contra reembolso:

181716151413121110987

(Coñece as tarifas fóra do territorio peninsular español escribindo a subscricion@coralia.gal)

Atopa aquí a túa Coralia:

Coralia, revista 12

PRIMAVERA DE 2019

O número 12 ten ao comercio como fío e motor. Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 21, Katuxa Platero, deseñadora de xoias, a actriz de dobraxe Caterina Martínez, a historiadora Encarna Otero ou a xornalista Gloria Serra son mulleres talentosas e de traxectoria sobresaínte que teñen moito que dicir. Ademais da opinión dos candidatos de Compostela Aberta, Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG á Alcaldía de Santiago, temos moda de luxo, con D-Due e percorremos a nova ruta dos petróglifos de Teo.

  • número 12
portada coralia 10

OUTONO DE 2018

Cumprimos dez números e para festexalo levamos a Margarita Ledo á portada. Este número -que ten o coñecemento como punto de encontro- achéganos a traxectoria de María Cheda, Xesús Couceiro ou Ramón Sabín, nomes dun outono que tamén se detén en Vilarraso e viaxa no Aquarius.

  • número 10

INVERNO DE 2018

A Coralia do inverno de 2018 está chea de música. O número ten como protagonistas a Carmen Eixo, Sumrrá, Montse Rivera ou Carlos Villanueva. A portada deste número é para Tamar Novas.

  • número 8
Jorge Mira, catedratico da usc, fisico, portada coralia numero 6

VERÁN DE 2017

Para afondar no tema da memoria, no número de verán entrevistamos ao ex-presidente Gerardo Fernández Albor, a Susi Gesto, Camilo Nogueira, Marta Pazos e a Jorge Mira, físico que ademais é portada do número 6.

  • número 6

OUTONO DE 2016

No número da creatividade, a portada é para o mestre Tino Martínez. Diana Nogueira, Paul Daniel, Isabel Pérez Dobarro e Tareixa Navaza son nomes imprescindíbeis do último número editado en galego e inglés.

  • número 4
Christian Escuredo, actor. portada

PRIMAVERA DE 2016

Francis Montesinos, Natalia Fernández Segarra, Mercedes Rosón ou Alfonso Costa son algúns dos nomes destacados do número de primavera de Coralia. A revista -editada en galego e inglés- reserva a súa portada ao actor Christian Escuredo.

  • número 2
juan mera, portada Coralia 11

INVERNO DE 2018

O campión de España de kick-boxing Juan Mera dá a benvida desde a nosa portada ao tempo que vén e ao ano 19, no que tamén terán moito que dicir o dúo Vudú, a campioa mundial de tríatlon Susana Rodríguez Gacio, o secretario xeral de política lingüística Valentín García Gómez, o escultor Ramón Conde ou Suso do Dezaseis. A editorial de moda celebra os 30 anos dun creador visionario, o deseñador de lenzaría masculina Manuel de Gotor. O inverno con Coralia foi menos frío e seguramente máis levadeiro.

  • número 11
xose manuel beiras, portada Coralia 9

VERÁN DE 2018

O número de verán ten como fío condutor o do benestar e, xunto á entrevista central ao profesor e político Xosé Manuel Beiras, inclúe entrevistas á Dolores Couceiro, Milagros Otero, Mateo Martínez, Olalla García e Diego Viaño.

  • número 9

OUTONO DE 2017

A actriz Mabel Rivera ocupa a portada do número 7. Con ela e con Óscar Corral, Marcelo Dobode, Luz Fandiño, Sheila Pazos e Helena Villar Janeiro, achegámonos ao mundo da infancia, tema arredor do que se artella este número.

  • número 7

PRIMAVERA DE 2017

O número dedicado á solidariedade ten como protagonistas a María Rosaura Leis, Ghaleb Jaber Martínez, Sor Esther Seoane, Javier Agrafojo ou Edu Valiña. A portada da primavera é para a xornalista e escritora María Solar.

  • número 5

VERÁN DE 2016

A futbolista compostelá Vero Boquete ocupa a portada da Coralia de verán. Terceiro número en galego e inglés que ten ao alcalde compostelán Martiño Noriega, á artista Mery Pais ou ao xenial Xosé Luís Bernal como nomes destacados.

  • número 3

INVERNO DE 2016

No inverno de 2016 principia a andaina de Coralia. Publicada inicialmente en galego e inglés, ten como primeiras protagonistas a Lucía Cordeiro, Luisa Pita, Encarna Otero e Sabela Arán, quen ademais ocupa a portada da publicación.

  • número 1

«Canta riqueza material e inmaterial, canta xeografía dos sentimentos producen e xestionan as mulleres! Canta riqueza e benestar, que non cotiza na bolsa nin aparece nas estatísticas do Produto Interior Bruto!»

ENCARNA OTERO

CORALIA 5

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido