•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

O Son do Camiño 2019

Parte II

O Son do Camiño 2019

150 150 CORALIA

Xa están á venda as entradas para a segunda edición do festival, que se celebrará do 13 ao 15 de xuño no Monte do Gozo con Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta e Rosalía como cabezas de cartel.

Iggy Pop en O Son do Camiño

Iggy Pop

dieantwoord en O Son do Camiño

Die Antwoord

  • ACTUALIDADE

Por VALERIA PEREIRAS

O auditorio do Monte do Gozo será de novo a sede da segunda entrega de O Son do Camiño, unha cita que encherá Compostela de grandes estrelas musicais do panorama galego, español e internacional, no caso de Die Antwoord na que será a súa única data en España este 2019.

A artista do momento, Rosalía, a banda de indie rock madrileña Vetusta Morla, os californianos Black Eyed Peas, o mítico Dj David Guetta ou o rockeiro e actor estadounidense Iggy Pop, que repite neste escenario, son algún dos nomes máis destacados dun evento que quere situar Galicia no panorama internacional da música, e que supón unha aposta estratéxica a nivel cultural e turística, segundo palabras do concelleiro Román Rodríguez encargado de presentar este acontecemento, xunto con Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia e os promotores do festival Carlos Rodríguez, Iván e David Méndez.

«O auditorio do Monte do Gozo será de novo a sede da segunda entrega de O Son do Camiño, unha cita que encherá Compostela de grandes estrelas musicais do panorama galego, español e internacional, no caso de Die Antwoord na que será a súa única data en España este 2019».

Xunto coas mencionadas confirmacións, no Son do Camiño 2019 tamén se poderá gozar da música de artistas como os británicos Bastille, Bloc Party e Richard Ashcroft ou o dúo belga de EDM Dimitri Vegas & Like Mike. Os suecos The Hives, o dúo holandés de música electrónica W&W, o cantante sevillano de hip hop, rap e reggae Beret, os tamén rapeiros Ayax y Prok, as bandas suecas de rock Graveyard e Royal Republic, a barcelonesa Bad Gyal, as bandas de indie e rock alternativo español Second, Varry Brava, Shinova e Full ou os Djs ELYELLA son outros dos grupos e artistas que completan un variado cartel de estilos que conta cunha nutrida representación de galegos: Iván Ferreiro, Eme Dj, Hard GZ, Igloo, Moderm, Marem Ladson, Baiuca, Familia Caamagno e Ortiga.

David Guetta

Black Eyed Peas

Rosalía, en O Son do Camiño

Rosalía

Tras reunir 84.000 asistentes na súa primeira edición, O Son do Camiño 2019 aspira a repetir éxito e converterse nun dos grandes acontecementos culturais do ano, para o que a Xunta, como principal patrocinador, achegará 2,5 millóns de euros co que se agarda lograr un notable retorno e impacto económico en toda a comunidade, especialmente na capital de Galicia, e promocionar o Xacobeo 2021.

«Este ano, o festival contará con dous escenarios, área de restauración, zona VIP e camping. Ofrecerá dúas opcións de aloxamento a carón do recinto: unha zona de descanso normal e un glamping».

Este ano, o festival contará con dous escenarios, área de restauración, zona VIP e camping. Ofrecerá dúas opcións de aloxamento a carón do recinto: unha zona de descanso normal e un glamping [glamorous camping]. Ambas son de pago e contarán con todos os servizos (duchas, cafetaría, consigna, seguridade e puntos de recarga de dispositivos móbiles).

As entradas para asistir a O Son do Camiño 2019 xa se poden adquirir na web do festival (www.osondocamino.es) e en Eventbrite cun prezo especial de lanzamento de 49 euros máis gastos de xestión. Unha cantidade que irá aumentando segundo se vaian esgotando os abonos e os diferentes treitos de venda previstos, e que poderán acadar un prezo máximo de 95 euros (máis gastos de xestión).

Iván Ferreiro

Vetusta Morla, O Son do Camiño

Vetusta Morla

Marem Ladson, O Son do Camiño

Marem Ladson

Tamén é actualidade en Coralia:

Antonio López Díaz,
reitor da USC

«Somos unha fábrica de igualdade de oportunidades»

Entrevista de LAURA R. CUBA I Fotografías de ÓSCAR CORRAL

Natural de Barreiros e pai de dúas fillas -unha delas ex-estudante da USC-, o reitor da universidade máis antiga de Galicia asumiu o cargo no pasado mes de xuño após unha ampla vitoria nas eleccións…

Queres ollar outros contidos relevantes?

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido