A liberdade de SER. Que liberdade?

150 150 CORALIA

A liberdade de SER. Que liberdade?

Por CRISTINA PALACIOS CASTRO

Cúmprese tres anos da decisión máis importante que ata o momento tomou a miña filla Sara, ‘transicionando’, con tan só oito anos, cara a aquela nena que sempre soubo que era.

Que pode levar unha nena tan cativa a tomar unha decisión tan transcendental na súa vida? A necesidade de ser libre. Libre da opresión de ter que finxir o que non es, libre dos estereotipos que te constrinxen e che din que o que fas non é de neno, libre de poder ser o que sempre desexaches ser: LIBRE.

Os tránsitos dxs nosxs fillxs, a súa propia existencia e a súa visibilidade no día a día axudan a outrxs mozxs a espir a súa alma e a dar eles tamén o paso de vivir a súa verdadeira identidade e, ao tempo, seguir transformando a sociedade.

Como nai non chego a entender que pode levar a un/unha proxenitor/a a non respectar e a non querer incondicionalmente ao ser que probabelmente máis te quere e te admira, ese ser que o daría todo polos teus sorrisos. Acaso a presión social polo que dirán pode ser máis forte que o amor infinito por un/unha fillx? O certo é que si.

A viaxe comeza e xa non hai volta atrás. Os tránsitos dxs nosxs fillxs, a súa propia existencia e a súa visibilidade no día a día axudan a outrxs mozxs a espir a súa alma e a dar eles tamén o paso de vivir a súa verdadeira identidade e, ao tempo, seguir transformando a sociedade.

Pero a liberdade e a transgresión das normas sociais case sempre teñen custos moi altos: a incomprensión familiar e social, o acoso escolar, a soberanía médica, a exclusión social… E, aínda así, o desexo de voar libre é máis forte que todo iso. Alenta presenciar tanta forza interior en pequenxs seres que xa coñecen ben o que é soportar tanta inxustiza pola falta de correspondencia da súa identidade sexual coa asignada ao nacer en atención aos xenitais.

Como nai e presidenta de ARELAS (asociación de familias de menores trans de Galicia) que xa leva acompañado máis de oitenta familias e/ou crianzas trans, teño presenciado e vivido multiplicidade de situacións que se producen arredor destes menores, aínda que, sen dúbida ningunha, a máis dolorosa é o rexeitamento, polo menos inicial, dunha gran parte das familias cara xs seus propixs fillxs trans. Como nai non chego a entender que pode levar a un/unha proxenitor/a a non respectar e a non querer incondicionalmente ao ser que probabelmente máis te quere e te admira, ese ser que o daría todo polos teus sorrisos. Acaso a presión social polo que dirán pode ser máis forte que o amor infinito por un/unha fillx? O certo é que si. Xa escoitei dicir demasiadas veces que o único que se lle pide á vida é lograr a aceptación do pai e da nai, e chegar a ser queridx algún día. Triste desexo.

Outras das realidades que atopo tres anos despois de comezar este periplo é o gran descoñecemento e a falta de formación dxs profesionais que cada día conviven cxs nosxs fillxs; incompetencia que se traduce nunha atención moi afastada daquela que debería estar baseada na escoita activa e a empatía, no acompañamento idóneo das persoas trans como protagonistas das súas propias decisións. Este descoñecemento profesional orixina diagnósticos e discursos baseados en prexuízos, estereotipos e falsos xuízos de valor, privilexio que non lles impide tomar decisións vitais para estas crianzas en virtude da súa consideración como ‘especialistas’, amparándose nun poder paternalista sobre as persoas trans que establece como deben de ser e como deben comportarse para ser verdadeiros homes e verdadeiras mulleres. A transfobia está instalada no ADN da nosa sociedade e, o que é máis grave, nas institucións públicas e privadas, exercendo a tutela sobre estas persoas que un día decidiron camiñar cara á liberdade de SER.

Pero, acaso unha crianza pode considerarse libre cando o respecto no ámbito familiar, educativo e social, o acceso a posíbeis tratamentos ou o cambio legal do nome e sexo rexistral dependen do criterio dun ‘especialista’, case sempre da saúde mental, sen formación específica en diversidade sexual?

Liberdade de SER. Que liberdade? A que prezo?

A verdadeira liberdade de Ser, a autodeterminación persoal e de xénero das crianzas trans só será posíbel se somos quen de desfacernos do complexo de adultocentrismo que nos impide recoñecer que unha crianza é capaz de saber, expresar e decidir o que é, o que sinte e o que quere para a súa propia vida. Unha autodeterminación que só chegará se recibe agarimo, comprensión, respecto e axuda para acadar o empoderamento que vai permitir mirar a vida de fronte, sen medo e sen complexos, orgullosx de ser.

Como adultxs que cada día somos exemplo, temos a responsabilidade de decidirmos que tipo de rumbo queremos que siga a sociedade na que xs nosxs fillxs deben labrar o seu porvir -como diría o amigo Iago Santalla-. Eu non teño dúbidas. Seguirei labrando un porvir máis xeneroso e amábel coa diferenza, defendendo o Transfeminismo como a única forma de concibirnos, e loitando por unha sociedade máis libre e xusta que lle recoñeza o seu espazo a cada persoa.

Nunca direi suficientemente o marabillosa que é a diversidade. A transexualidade infantil é unha realidade que racha co establecido, que te saca do teu espazo de confort, que remove a túa conciencia, que cada día te desconstrúe, que che fai reconsiderar a túa forma de ver e estar no mundo.

Grazas, Sara. Grazas pola túa inmensa xenerosidade.

Contido extraído do número 7.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Compostela e os músicos da rúa

por HELENA VILLAR JANEIRO

Compostela futura na miña memoria

Por XEMA VARELA

Tras as outras pegadas da solidariedade

Por MERCEDES ROSÓN

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido