Compostela futura na miña memoria

150 150 CORALIA

Compostela futura na miña memoria

Por XEMA VARELA

Nanube

A maioría de nós, cando visitamos outras cidades, reservamos algún tempo para pasear polas rúas comerciais. Atráenos sentir o seu ritmo e perdernos no ir e vir de xente, no seu exceso de luz. Catívannos os escaparates coidados e os locais ben arranxados, e a miúdo albergamos a esperanza de atopar algún tesouro que nos faga sentir especiais. En ocasións, eses tesouros son obxectos, pero moitas veces son achados: a descuberta dun espazo que namora. Pode ser un local que cativa, o descubrimento dun formato orixinal ou simplemente un pequeno detalle que nos esperta un sorriso. Unha desas experiencias que estás desexando contar ao volver: sabedes que en tal cidade hai unha tenda na que todo é azul? O interese co que se recibe a nosa revelación é un bo indicador de canto desexamos todos vivir e compartir momentos memorábeis.

A maioría de nós, cando visitamos outras cidades, reservamos algún tempo para pasear polas rúas comerciais. Atráenos sentir o seu ritmo e perdernos no ir e vir de xente, no seu exceso de luz. Catívannos os escaparates coidados e os locais ben arranxados, e a miúdo albergamos a esperanza de atopar algún tesouro que nos faga sentir especiais.

Ao igual que pode acontecer nos mellores matrimonios, ás veces pensamos que na nosa cidade a fascinación polos seus comercios xa non existe. Pero a realidade demostra o contrario. Agrádanos atopar tesouros coñecidos e seguimos recibindo con entusiasmo as novas propostas comerciais.

Ata agora a expansión do comercio tense apoiado en directrices estéticas que lles permitían ás empresas reducir os custos sen ter que adaptar os seus espazos a cada xeografía. Era un efecto uniformizador que arrastrou o pequeno comercio a seguir unha serie de liñas mestras consideradas referentes do bo gusto. Fronte a esta homoxeneización crecente, a día de hoxe, a autenticidade eríxese como valor en alza, primando o local fronte ao global e a pequena escala fronte á produción masiva.

Ao igual que pode acontecer nos mellores matrimonios, ás veces pensamos que na nosa cidade a fascinación polos seus comercios xa non existe. Pero a realidade demostra o contrario. Agrádanos atopar tesouros coñecidos e seguimos recibindo con entusiasmo as novas propostas comerciais. De feito, cando os comercios están pechados sentimos que falla vida nas nosas rúas porque hai locais que espertan o noso orgullo ata o punto de sentir que Compostela sen eles non nos parecería a mesma.

Hai comercios que están indisolubelmente unidos á cidade e que nos axudan a entendela e a querela. E é precisamente porque os locais comerciais definen a identidade dunha cidade, tanto cando menos como os edificios nos que se asentan, polo que constitúen un capítulo importante da súa arquitectura e planificación urbana. Por iso, unha evolución urbana en positivo vai requirir que o comercio sexa capaz de adaptarse ás transformacións sociais en marcha, sabendo que as penalizacións por chegar tarde serán cada vez maiores.

Desde o meu punto de vista, para poder entender o momento actual é preciso reparar en tres grandes cambios que xa comezan a albiscarse, cambios que están vinculados entre si pola cada vez maior necesidade de recuperar e de crear Memoria.

Ata agora a expansión do comercio tense apoiado en directrices estéticas que lles permitían ás empresas reducir os custos sen ter que adaptar os seus espazos a cada xeografía. Era un efecto uniformizador que arrastrou o pequeno comercio a seguir unha serie de liñas mestras consideradas referentes do bo gusto. Fronte a esta homoxeneización crecente, a día de hoxe, a autenticidade eríxese como valor en alza, primando o local fronte ao global e a pequena escala fronte á produción masiva.

Neste novo tempo, o deseño dun local comercial implicará unha personalización integral xunto á incorporación de elementos propios e específicos de cada cidade, e reservaralle á arte un papel moi relevante. Diante desta situación, á iniciativa privada correspóndelle asumir o cambio de mentalidade e aos axentes públicos, axudar a definir e divulgar, con actitudes abertas e flexíbeis, os trazos distintivos da personalidade comercial da cidade. 

Nas rúas debería comezar a apreciarse certa harmonía de conxunto e tamén esa graza que desprenden as cousas feitas con esmero. Así calquera persoa podería enumerar os trazos máis distintivos da paisaxe comercial da cidade.

Xunto ao anterior, hai que ter en conta o auxe dos modelos de negocio low cost. A crise económica axudou a impulsalos e os casos de éxito favoreceron que moitos emprendedores decidiran adoptar este padrón. Os problemas xorden cando as empresas se apropian da filosofía do baixo custo desde perspectivas erróneas, entendendo que o único segredo é vender barato e escatimar en todo (locais mal acondicionados, servizo deficiente, produto pobre, etc.); ou incluso, cando empresas que non pretenden ofrecer produtos ou servizos a baixo custo, optan, por exemplo, por non investir no acondicionamento do local «porque se o de baixo custo non gastou e lle vai ben…». Co aumento exponencial do nivel de esixencia da xente, tenderase a rexeitar estes formatos e é previsíbel que só sobreviva o modelo low cost de calidade. Así, a partir de agora, cando se queira abrir ou remodelar un local comercial, haberá que pensar en ser fieis á cidade na que se atopa e, aínda que nos sorprenda, será moi importante pensar en facer Historia.

Efectivamente, se imos abrir unha zapataría ou unha cafetaría ou calquera outro tipo de negocio, haberá que pensar no que lle imos achegar á cidade e de que forma contribuiremos a facer Historia. Como antes, cando había poucos comercios e cada un deles tiña esa vontade de perdurar e ser a farmacia, a libraría ou a sombreiraría de Compostela. Incluso, se o que se pretende promover é algo efémero, o logro será permanecer durante longo tempo na memoria.

Por último, cos cambios na composición social das cidades, con roles máis activos e máis plurais das mulleres, e coa maior diversidade étnica, imos asistir a un enriquecemento dos ideais estéticos predominantes que non tardará en facerse visíbel nos comercios. Seguirán vixentes os valores vinculados á forza e ao raciocinio, pero prevalecerán a sensualidade, a delicadeza ou a imperfección. 

Estéticas cunha presenza impoñente deberán complementarse con outras características que as volvan accesíbeis e incluso vulnerábeis. 

Presenciaremos, polo tanto, toda unha serie de cambios dos que xa empezamos a ter indicios, sendo as cidades que antes os adoiten as que mellor encararán o futuro. 

En esencia, vemos que as persoas van á procura de experiencias memorábeis, e que ademais, a un nivel máis profundo, demandan que se esperte e se consolide unha memoria colectiva da que se sentir orgullosas. Na súa voz, todo isto resumiríase nunha soa frase: Compostela, querémoste sempre viva e na nosa memoria.

Contido extraído do número 6.

Aquí tes máis contidos relevantes:

«A miña patria é a miña infancia»

Por JOSÉ ANTONIO LIÑARES

A miña música compostelá

Por CARME HERMIDA GULÍAS

Compostela, cidade animada pola cultura

Por MERCEDES ROSÓN

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido