Fotolibros

150 150 CORALIA

Fotolibros

Por ANXO RABUÑAL

Novaniké – arts&books

Cando no ano 1858 a raíña Isabel II visitou Compostela, as autoridades resolveron ofrecerlle como agasallo e lembranza un precioso álbum con 12 fotografías realizadas por Andrés Cisneros. A fotografía, recurso de recente invención, era medio moderno e axeitado para captar e describir a cidade, os monumentos e rúas, as igrexas, o altar maior e a Capela das Reliquias, malia esa cidade, nesas fotografías, estar desprovista de xente. Unha espléndida cidade deshabitada ofrecíaselle á raíña na súa Graciosa visita.

Os fotógrafos anteriores á cámara automática ofrecían unha imaxe lavada de todo o que puidese significar momento, transición ou cambio. A Compostela así fotografada movíase nun tempo lento, histórico, de séculos.

Co tempo, a fotografía foise incorporando aos xornais e revistas e a tantas novas publicacións que ían aparecendo, así que eses coidados e preciosos álbums derivaron en guías ilustradas, compartindo protagonismo a fotografía con textos de sinalados escritores.

Ao álbum de Cisneros seguiron outros, como o de Eduardo Chicharro en 1884, o de Hermenegildo Miralles en 1893, os de Ksado e outros, sempre reproducións de monumentos en tons cálidos e suave contraste, inventándose unha cidade morna, pusilánime e triste, de reflexos nocturnos no chan de pedra chovido. Eses fotolibros configuraron para Compostela un repertorio fotográfico característico, que induciu durante décadas determinadas maneiras de encarar a cidade, maneiras que aínda perduran. Efectivamente, os fotógrafos anteriores á cámara automática ofrecían unha imaxe lavada de todo o que puidese significar momento, transición ou cambio. A Compostela así fotografada movíase nun tempo lento, histórico, de séculos. Raramente se vían persoas habitando eses espazos, nin animais, nin carros, nin obxectos. Procurábase unha imaxe fóra do tempo diario, que retratase o inmutábel, os seus monumentos quedos e frontais, testemuñas centenarias do paso efémero e insignificante da vida cidadá. Co tempo, a fotografía foise incorporando aos xornais e revistas e a tantas novas publicacións que ían aparecendo, así que eses coidados e preciosos álbums derivaron en guías ilustradas, compartindo protagonismo a fotografía con textos de sinalados escritores.

A chegada de Fraga Iribarne ao Ministerio transformou o carácter do turismo, das peregrinacións e tamén da función da fotografía. O novo ministro viña de dirixir persoalmente unha campaña de propaganda denominada «25 años de Paz», que representaba a vitoria do réxime de Franco cun discurso conciliador, capitalizando a paz e asociándoa ás melloras que se percibían logo de tantos anos de miseria. Instaurou as Festas de Interese Turístico e premios ao embelecemento de vilas, aos escritos e guías para o turismo, ás máis bonitas estacións de tren, aos emprendedores hostaleiros… As novas formas do turismo demandaban unha nova imaxe, e para iso chamaron a Francesc Català-Roca, un fotógrafo novo que xa gañara importantes galardóns.

Català-Roca describiu un diferente Camiño de Santiago, unha distinta Galicia e unha nova Compostela. O máis célebre dos seus resultados é o afiche para o Ano Santo Compostelán de 1965, por vez primeira cunha foto a cores. Català-Roca mudou o tempo de Compostela, introduciu a imaxe fotográfica da cidade nun dinámico mundo moderno no que o escenario está cheo de figuras que se moven, mandando ao faiado ese anterior imaxinario reaccionario, artificioso e tristeiro que viña facéndose da cidade. Fotografías sorprendentes para os nosos prexuízos contemporáneos, perplexos diante das imaxes dun mundo que volve na alegre percepción da vida diaria de Català-Roca. E é que na Compostela que el fotografou pagaba a pena vivir, estaba chea de xente e de humanidade.

A Compostela de Català-Roca está escasamente feita de monumentos, e si de xente. Pero tamén entre a xente Català escolle. Nin dignas autoridades, nin pintorescos peregrinos, nin misas solemnes. Català retrata unha cidade de persoas na vida, cidadáns na rúa, señoras de volta da praza, mulleres con cousas na cabeza, leiteiras de Calo, homes de traxe co cigarro na boca, nenos de mans nos petos, quintos coas mans detrás, un garda que ordena o tráfico, coches estacionados nas rúas, paisanos admirando a fonte dos Cabalos, Coralia e Maruxa de paseo na Ferradura.

Sorprende tanto o repertorio de fotografías de Compostela que Català deixou como o que non deixou, sorprende tanta falta de atención aos motivos e lugares que ata entón configuraban o imaxinario turístico e monumental da cidade. Nin Botafumeiro, nin capelas, nin santos, nin capiteis. A Compostela de Català-Roca está escasamente feita de monumentos, e si de xente. Pero tamén entre a xente Català escolle. Nin dignas autoridades, nin pintorescos peregrinos, nin misas solemnes. Català retrata unha cidade de persoas na vida, cidadáns na rúa, señoras de volta da praza, mulleres con cousas na cabeza, leiteiras de Calo, homes de traxe co cigarro na boca, nenos de mans nos petos, quintos coas mans detrás, un garda que ordena o tráfico, coches estacionados nas rúas, paisanos admirando a fonte dos Cabalos, Coralia e Maruxa de paseo na Ferradura. Lonxe do efectismo e da manipulación, os seus únicos recursos foron o encadramento e a obturación, tentando que cada foto fora unha ‘descrición elocuente’ de si mesma.

Cal pode ser a descrición elocuente da Compostela de hoxe?

Contido extraído do número 4.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Os risos da nenez

Por ENCARNA OTERO CEPEDA

Tirana memoria

Por PABLO IGLESIAS

A cidade con música

Por PILAR SAMPEDRO

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido