InteRed, vinte anos cambiando o mundo

150 150 CORALIA

InteRed,
vinte anos cambiando o mundo

Por LUZ LOUZAO

No número 7 da praza do Matadoiro, nun contorno privilexiado entre Belvís e a rúa de San Pedro, está a nosa casa, pola que ao longo de 20 anos teñen pasado centos de persoas. A casiña está nunha esquina que, como sucede coas cousas boas da vida, á primeira vista non se ve. Fíxate, cando pases, e fai por entrar.

InteRed é unha ONG de Desenvolvemento, promovida pola Institución Teresiana, é dicir, un grupo de persoas con gañas de axudar outras persoas a ser o que queiran ser. InteRed está especializada en educación e equidade de xénero. Unha educación transformadora, inclusiva, equitativa e de calidade que pasa pola cabeza e polo corazón, e que aposta polo cambio persoal para lograr o cambio social. Como di Paulo Freire: «A educación non cambia o mundo: cambia as persoas que van cambiar o mundo». E sempre, desde a equidade de xénero, é dicir, desde a igualdade de oportunidades de nenas e nenos, para crear unha sociedade na que chegar a cumprir as túas metas non dependa do teu sexo.

InteRed é unha ONG de Desenvolvemento, promovida pola Institución Teresiana, é dicir, un grupo de persoas con gañas de axudar outras persoas a ser o que queiran ser. InteRed está especializada en educación e equidade de xénero. Unha educación transformadora, inclusiva, equitativa e de calidade que pasa pola cabeza e polo corazón, e que aposta polo cambio persoal para lograr o cambio social.

Gústanos poñer en práctica a frase de Eduardo Galeano: «Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo», que para nós significa que toda persoa interesada en cambiar a sociedade para que sexa máis inclusiva, equitativa, xusta e solidaria, ten a posibilidade de entrar sen chamar e participar nas actividades que ofrecemos.

Outra das nosas prioridades é a participación cidadá. Gústanos poñer en práctica a frase de Eduardo Galeano: «Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo», que para nós significa que toda persoa interesada en cambiar a sociedade para que sexa máis inclusiva, equitativa, xusta e solidaria, ten a posibilidade de entrar sen chamar e participar nas actividades que ofrecemos (charlas, obradoiros, encontros, formación, exposicións, participación na rúa, etc.). Este voluntariado comprometido, ilusionado por cambiar o próximo e o afastado atopa en InteRed un espazo para compartir inquietudes, un espazo formativo e reflexivo no que compartir saberes e aprender dos demais. Para iso, InteRed ofrece cursos de formación, cursos que en materias como o voluntariado xa chegaron á súa XX edición.

O obxectivo da nosa ONGD é favorecer a reflexión crítica sobre as estruturas que xeran desigualdade e promover o compromiso e a participación cidadá. De feito, as persoas que participan nas nosas actividades gozan aprendendo e descóbrense como persoas capaces de transformar a súa vida e a súa contorna, descóbrense como persoas que comezan a mirar a realidade doutra maneira e abertas á colaboración. Porque InteRed o construímos entre todas e todos, a xente que colabora connosco como voluntariado activo tamén propón actividades.

Ademais de dar formación en colexios, institutos e facultades nos temas que nos son propios, organizamos xogos cooperativos para educar en valores e participamos en charlas, seminarios, obradoiros, na educación formal e tamén na educación non formal e informal.

Como consecuencia de todo o anterior, xorde o noso empeño de crearmos unha rede galega de participación cidadá para lle dar pulo á transformación social, baseada na ética do coidado. Para concienciar sobre a importancia de sermos as persoas, e non os cartos e o mercado, os que esteamos no centro de sistema actual, deseñamos a campaña Actúa con coidados. Situar a vida no centro de todo é un proceso educativo que nos permite ollar a realidade tendo en conta o coidado no fogar, o coidado do planeta onde vivimos e o noso propio coidado. De feito, coa nosa Revolución dos coidados queremos poñer no centro do foco a sostibilidade e darlles visibilidade ás nosas acción diarias de coidados, maiormente en mans das mulleres, e darlle a volta ao sistema, transformándoo desde a raíz.

Na nosa casiña da esquina da praza do Matadoiro atoparás persoas inquietas con gañas de ser parte do cambio. Se ti tamén es así, pasa un día e charlamos. Se tes algo que ofrecer, escoitámoste e, se ves compartir, sempre che daremos a benvida.

Contido extraído do número 5.

Aquí tes máis contidos relevantes:

A liberdade de SER. Que liberdade?

Por CRISTINA PALACIOS

Compostela e os músicos da rúa

por HELENA VILLAR JANEIRO

Mulleres Lilas, coirazas de cores

por MANUELA DOMÍNGUEZ

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido