Niké

150 150 CORALIA

Niké

Por ANXO RABUÑAL

Novaniké – arts&books

Houbo un tempo en Compostela, nos anos 20 e 30 do século pasado, alegre e cheo de esperanzas, no que os músicos tocaban jazz na Terraza Quiqui Bar ou no café Colón, e a mocidade bailaba os novos ritmos do fox-trot e o charlestón en preciosos e amplos salóns, emulando en discreta escala a París, Bos Aires ou Nova York, capitais que non estaban tan distantes como hoxe parece.

Houbo un tempo en Compostela, nos anos 20 e 30 do século pasado, alegre e cheo de esperanzas, no que os músicos tocaban jazz na Terraza Quiqui Bar ou no café Colón, e a mocidade bailaba os novos ritmos do fox-trot e o charlestón en preciosos e amplos salóns, emulando en discreta escala a París, Bos Aires ou Nova York, capitais que non estaban tan distantes como hoxe parece.

Feliciano Rolán, Ánxel Fole, Eugenio e Mario Granell, Carlos Maside, Xaquín Lameiro Comacchio, Luís Seoane, Rafael Dieste, Francisco Asorey, Colmeiro, Arturo Souto, Landín e moitos máis, atopábanse nese pequeno local e agasallaban e conversaban con Valle-Inclán, García Lorca, Ortega y Gasset, Manuel Azaña ou Gómez de la Serna, de visita na cidade, convidados por Arturo Cuadrado para conferenciar.

Nesa cidade de artesáns, empregados, médicos, cregos, profesores e estudantes, de mercado e feira de gando, de bo polbo no Apóstolo e na Ascensión, cando o turismo só comezaba e a xente que aquí habitaba non sumaba 30.000, o escultor Paco Asorey retrataba o ambiente galante e musical dunha sociedade que encaraba o século sen complexos, con ambición e creatividade, como aínda hoxe permanece no delicadamente labrado triplo capitel do Hotel Compostela.

Ata xullo do 1936 e desde o ano 1927 –contaba Luís Seoane– existía na rúa da Caldeirería a libraría e editorial Niké, propiedade de dous homes, mozos daquela, os escritores Xoán Xesús González e Arturo Cuadrado. En palabras do propio Cuadrado, «Os clientes pagaban polos libros o que lles parecía que valían. O célebre anarquista Marcial Villamor pagou 10 céntimos por un de Ortega y Gasset, e pasou ao día seguinte para pagar outros 10, porque o entusiasmara. Cando llo contei a Ortega quixo coñecelo, e o grande intelectual foi á casa do carpinteiro».

Efectivamente, a modesta e afanosa libraría Niké era un lugar de encontro da xente inqueda da Compostela daqueles anos, preocupada por popularizar a literatura, a música e as artes, e a cultura en xeral, no libérrimo espírito do libre pensamento, a fraternidade e o internacionalismo. Feliciano Rolán, Ánxel Fole, Eugenio e Mario Granell, Carlos Maside, Xaquín Lameiro Comacchio, Luís Seoane, Rafael Dieste, Francisco Asorey, Colmeiro, Arturo Souto, Landín e moitos máis, atopábanse nese pequeno local e agasallaban e conversaban con Valle-Inclán, García Lorca, Ortega y Gasset, Manuel Azaña ou Gómez de la Serna, de visita na cidade, convidados por Arturo Cuadrado para conferenciar.

Logo chegaron os brutos e pasou o que pasou, entraron a saco na libraría, queimaron os libros e mataron contra a tapia de Boisaca o bo de Xoán Xesús González. Pola súa parte, Arturo Cuadrado escapou e refixo a vida en Bos Aires, onde continuou a imaxinar mundos e a publicar libros, como os primeiros do escritor Julio Cortázar ou da poeta Alejandra Pizarnik, entre outros.

Díxoo ben Arturo Cuadrado: «Porque na miña xeración non sabemos de derrotas, sufrimos persecución, guerra, cárcere, exilio, e todo se transformou nunha canción». Efectivamente, en Compostela precisaríamos sempre de transformar as adversidades en novas e belas cancións.

Contido extraído do número 3.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Apoteose da chafallada

Por PEPE SENDÓN

Fotolibros

Por ANXO RABUÑAL

Querida Compostela

por MANUELA DOMÍNGUEZ

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido