Pegadas de Compostela

150 150 CORALIA

Pegadas de Compostela

Por ENCARNA OTERO CEPEDA

Historiadora

Unha parte das xentes de Santiago coidan que as súas festas verdadeiras, máis aló das do seu barrio ou parroquia, foron e son as festas da Ascensión, sempre no mes de maio, mes no que chove -ou non- cumprindo nelas co ritual que implican: comer o polbo na feira ou en Santa Susana, en grupo familiar ou de amizades; visitar a feira de cabalos; pasear pola Alameda e subir nas barracas e mesmo botar unha baila, se o ánimo e o corpo o piden. Cómpre sinalar que a presenza do estudantado nestas datas dálles ás festas da Ascensión un ar máis ledo e de rebumbio.

Nestas festas si que a cidadanía de Compostela gostaba e, quizais aínda gosta, de dous fitos salientábeis: os fogos do 24 no Obradoiro e a subida do globo na noite do 31 como remate festeiro que, quizais, non estaría mal recuperar.

Esta nova cidade que temos a sorte de pisar agora precisa con urxencia dun novo proxecto de convivencia, de innovación e modernidade, de cultura e de benestar, de traballo e de vida.

As festas do Apóstolo, moito máis longas, no mes de xullo, case sempre con calor, son sentidas como festas para a xente de fóra, nunha cidade que sempre tivo, ten e terá visitantes de Galiza e do mundo. Nestas festas si que a cidadanía de Compostela gostaba e, quizais aínda gosta, de dous fitos salientábeis: os fogos do 24 no Obradoiro e a subida do globo na noite do 31 como remate festeiro que, quizais, non estaría mal recuperar. Pouco seguimento máis se facía neses días de troula.

Mais, agora, Santiago de Compostela é outra cidade, mudou. Medrou en territorio, en moradores e visitantes, rehabilitouse, foi declarada Patrimonio da Humanidade, Capital Cultural Europea, espazo de encontro de camiñantes do mundo, capital de Galiza e cidade verde, pola cantidade e calidade dos seus parques. Esta nova cidade que temos a sorte de pisar agora precisa con urxencia dun novo proxecto de convivencia, de innovación e modernidade, de cultura e de benestar, de traballo e de vida.

O século XXI chegou e Santiago non pode recibir a tantas persoas que veñen de fóra, coa vivencia de que unha parte das súas xentes son expulsadas, e tanto visitante non pode asoballar e destruír o que o pouso secular do tempo histórico construíu con amor, coñecemento e sabedoría. Este novo proxecto de convivencia na cidade -que non é só un proxecto turístico- ten que abranguer a todas as xentes que nela viven, que nela pasan, que nela chegan e que nela traballan, e só pode ser un proxecto de calidade humana, de cultura creativa, onde o número ou a cantidade que afoga desapareza, para darlle paso á calidade e ao enriquecemento humano. Compostela ten que recuperar o latexo da intelixencia e o corazón para ser quen de transmitir a súa pegada de vida e a súa memoria de existencia, como así o viviu Annette M.B. Meakin no ano 1909 cando, nunha estadía de tres meses, visitou Compostela na súa viaxe por Galiza que tan ben recolleu no seu libro Galicia inédita. Diario de viaxe de Annette Meakin (Ed. Tambre, 1994).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Contido extraído do número 3.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Mulleres Lilas, coirazas de cores

por MANUELA DOMÍNGUEZ

A miña música compostelá

Por CARME HERMIDA GULÍAS

Compostela futura na miña memoria

Por XEMA VARELA

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido