Tirana memoria

150 150 CORALIA

Tirana memoria

Por PABLO IGLESIAS

Libraría Tirana

Unha libraría de vello é unha iniciativa completamente innecesaria e extemporánea, xa que logo Compostela é un lugar axeitado para asentala.

Esta nosa cidade tan chea de simbolismos, da que a capitalidade non é o menor deles, ten un patrimonio perfecto para a representación do poder. A fisionomía desvela o carácter e o carácter compostelán é barroco. Gusta de celebracións e efemérides, por iso en tempos triunfaban os autos sacramentais que, dalgún xeito, seguen a triunfar. Probabelmente esta é unha apreciación gratuíta e inxusta pero, desde unha libraría que non é certamente o centro do universo compostelán, o foco tende a centrarse en determinados aspectos da vida cultural, aspectos que a moita xente honrada e feliz pódenlle pasar desapercibidos.

Unha libraría de vello é unha iniciativa completamente innecesaria e extemporánea, xa que logo Compostela é un lugar axeitado para asentala.

Esta nosa cidade tan chea de simbolismos, da que a capitalidade non é o menor deles, ten un patrimonio perfecto para a representación do poder. A fisionomía desvela o carácter e o carácter compostelán é barroco. Gusta de celebracións e efemérides, por iso en tempos triunfaban os autos sacramentais que, dalgún xeito, seguen a triunfar.

Compostela quere ser capital e precisa un constante fluír de accións simbólicas, entre elas recreacións máis ou menos afortunadas do noso pasado.

Compostela quere ser capital e precisa un constante fluír de accións simbólicas, entre elas recreacións máis ou menos afortunadas do noso pasado. A construción dos relatos presentes das institucións e a sociedade precisan recursos e escenografía; que quedará tras a representación? Patrimonio inmobiliario, bibliográfico, nada…?

Persoalmente comprenderán que prefira máis libros que ladrillos, aínda que o nihilismo sexa moi tentador. Os oficios tamén marcan o carácter.

Máis que é unha libraría de vello? Basicamente unha biblioteca persoal en venda. O que prima de xeito exclusivo son os libros, aínda que en realidade os clientes-lectores tamén teñen a súa importancia; todo o demais non adoita ter cabida nestes negocios que raramente acollerán presentacións de libros, conferencias, cafetarías, obradoiros creativos ou de biodanza.

Estás cousas non me desgustan en absoluto, de feito lémbranme a miña infancia cando antes de entrar na clase cantabamos aquilo de “Con flores a María…”, por non falarmos dos exercicios espirituais… Pero creo que ningún ruído debe interferir entre os libros e os seus lectores. Pensaban que o de iniciativa extemporánea era unha boutade?

Hai unhas semanas Xesús González Gómez, que entre outros méritos é paisano meu, sentenciaba mentres comentaba uns artigos de Orwell: «Os visitantes das librarías de vello, a maioría, continúan a ser paranoicos e neuróticos (como a maioría dos libreiros desta especialidade)».

Supoño que o fragmento ten unha vontade humorística, ou autoterapéutica, quen sabe. Pero nótase que coñece o tema.

Porén, eu que polo de agora aínda non teño diagnosticado ningún trastorno mental, prefiro ver as librarías de vello como lugares de lecer civilizado, agradábel e tranquilo. Lugares onde xente nada común busca un libro, atopa outro e leva ambos, ou non. Onde, así mesmo a charla é opcional. Ben pensado, Xesús González Gómez ten bastante razón.

En todo caso non imaxino unha vida máis feliz que a do lector de libros, cos seus pequenos ritos como visitar as librarías de Compostela.  Remato a homilía sen facer referencia ás dúas Marías nin á inexacta fama da rúa do Pombal, onde está situada a librería Tirana, onde, por certo, compramos e vendemos libros.

Contido extraído do número 4.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Compostela futura na miña memoria

Por XEMA VARELA

María Miramontes: modista e galega

Por ENCARNA OTERO CEPEDA

Tras as outras pegadas da solidariedade

Por MERCEDES ROSÓN

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido