Viaxe polas Orfas

150 150 CORALIA

Viaxe polas Orfas

Por ANA PORTO RUZA

Maravalla

Na miña memoria Compostela sempre se viste de branco e negro. Gústame pasear polas vellas imaxes plasmadas nas postais e fotografías antigas para visitar unha vila que xa non existe e que eu non coñecín. A miña mirada detense en imaxes como a das leiteiras no Cantón do Toural, onde está a farmacia, e penso nas diferenzas e similitudes que ese recuncho presenta hoxe. Penso no que sentiría unha leiteira viaxando ao noso presente e ollando estas rúas de pedra semellantes ás súas e tan distintas á vez, rúas cheas de camiñantes de aquí e de lonxe, cheas de xente que van á praza para a compra diaria e de xente balbuciente que non sabe cara a onde dirixir os pasos na súa pescuda para atopar ese punto «divino» chamado catedral.

Na miña memoria Compostela sempre se viste de branco e negro. Gústame pasear polas vellas imaxes plasmadas nas postais e fotografías antigas para visitar unha vila que xa non existe e que eu non coñecín.

Poucas lembranzas me quedan agás a de quedar extasiada fronte a unhas fermosas carameleiras de cristal (agardo que non as inventara a miña memoria) e mercar linguas de gato ou de raposo... Falo, como non da fábrica de chocolates Raposo.

Como é a nenez que é capaz de gardar tan vívidos recordos de sucesos acontecidos hai trinta anos! Algún dos momentos máis alucinantes e máxicos da miña infancia vincúlase a El Pilar grandes almacéns, miña nai querida! Que lugar incrible inzado de todos, si, todos os xoguetes polos que devecía e que vía na televisión, todos!

A das Orfas é unha rúa chea de vida, a arteria que une, sen ela case darse conta, os dous mundos santiagueses: a zona nova e a vella; aí é nada! A rúa dos varios nomes: Orfas, Caldeirería (si, como soa), ou mesmo Preguntoiro. Quen é o listo que diferencia as rúas das Orfas, da Caldeirería e do Preguntoiro? Non hai coma xuntalas todas nunha e vía!

As Orfas é unha rúa -crucemos os dedos- que aínda conserva moito do seu sabor… A ver, para entendérmonos, que aínda non está inzada de tendas repletas de recordiños brillantes e feitos na China, pero que disque son de Santiago. Paradoxos da vida! Ten moito sabor, pero -o que é a memoria- eu boto de menos o sabor máis rico que podía ter e que conservaba cando, sendo unha mociña, cheguei á cidade: o chocolate. Poucas lembranzas me quedan agás a de quedar extasiada fronte a unhas fermosas carameleiras de cristal (agardo que non as inventara a miña memoria) e mercar linguas de gato ou de raposo… Falo, como non da fábrica de chocolates Raposo. Sería fantástico volver tela pretiño no seu fermoso edificio!

E un pouquiño máis adiante aquela tendiña, digna dunha ratiña presumida, da que non sei o nome, que estaba cheíña de abelorios, botóns e unha señora riseira e maior. Alto, que me queda atrás, máis abaixo da confeitaría das Colonias unha pequena, pequenísima tenda chea de flores e cunha moldura de madeira modernista que me encantaba… Entrar nas Orfas naqueles finais dos noventa era entrar nun tempo detido e fermoso, para que negalo.

Permitídeme subir un pouco máis arriba, si, ata o Preguntoiro. Como é a nenez que é capaz de gardar tan vívidos recordos de sucesos acontecidos hai trinta anos! Algún dos momentos máis alucinantes e máxicos da miña infancia vincúlase a El Pilar grandes almacéns, miña nai querida! Que lugar incrible inzado de todos, si, todos os xoguetes polos que devecía e que vía na televisión, todos! Non me pregunten de que máis me lembro, só lembro xoguetes… o paraíso para unha cativa! E aquí si que a miña memoria se esquece do branco e negro para recrearse en mil cores.

Todo cambia. Chámanlle progreso e evolución…, mais ás veces a sensación que dá é outra: uniformización.

A nosa memoria aférrase ao pasado porque, non o neguemos, percibir os cambios é percibir tamén que o tempo pasa, que os anos pasan, pero tamén que aquí continuamos. E hoxe toca pensar con morriña naquelas tendas que caracterizaban a paisaxe urbana compostelá e apoiar o novo tecido para que non perda a súa esencia; toca apoiar os pequenos, os comercios que queren formar parte da paisaxe, se o que queremos é unha cidade viva, paseada, vivida e gozada, non un escenario do que desexemos fuxir cando chega agosto.

Contido extraído do número 6.

Aquí tes máis contidos relevantes:

A liberdade de SER. Que liberdade?

Por CRISTINA PALACIOS

Compostela e os músicos da rúa

por HELENA VILLAR JANEIRO

María Miramontes: modista e galega

Por ENCARNA OTERO CEPEDA

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido