A revolución espacial
da cosmética galega
Reportaxe Noelia Lage
Editora de moda Lucía Yanina Antonella Cabrera

Plumeria Fotografía
El é Benjamín Suárez, ou Benjamín a secas para os máis achegados, pero aquí en Galicia recibe o alcume de o Galego da NASA. O resto
do mundo coñéceo sobre todo a través dunha imaxe. Pero non dunha imaxe calquera, senón dunha que se alza como digna aspirante a fotografía máis famosa da historia. A instantánea, que en 1969 inmortalizou unha das primeiras pegadas do astronauta Buzz Aldrin
na Lúa, foi posible grazas á tecnoloxía creada por Benjamín, especialista do departamento fotográfico da NASA cuxas orixes se remontan a unha pequena poboación ourensá.

Ylé Led Mask Phototherapy System
A máscara ofrece tres modos de terapia baseados en luz LED. Permite eliminar a acne e as súas cicatrices, consegue reparar peles envellecidas e pode aliviar a tensión muscular e reducir engurras.
Máis de cinco décadas despois, o espírito emprendedor dos galegos continúa mantendo viva a relación existente entre a astronáutica americana e Galicia. Un claro exemplo atopámolo en Araceli Hermelo, que trae á nosa terra unha avanzada tecnoloxía da Axencia Espacial dos Estados Unidos. O resultado, un produto vangardista de coidado facial que xa se fixo un oco na lista Forbes como proxecto con potencial transformador.
Pero comecemos polo principio. Nacida no seo dunha familia que se dedica ao mundo da estética desde os anos sesenta, Araceli Hermelo medrou axudando a súa nai no salón de peiteado. Desde moi cativa mostrou un crecente interese pola parte estética que xestionaba a súa tía Pilar, á que hoxe describe como unha «gran mestra». Este dato non nos sorprende o máis mínimo, pois foi ela a que lle transmitiu toda a súa paixón por esta disciplina.
Feitos os dezaseis anos, Araceli xa tiña claro cara a onde quería desenvolver a súa carreira profesional e, acollendo con agarimo a tradición familiar, non deixou de formarse no sector da estética, así como de impregnarse das súas últimas novidades. Este camiño levouna primeiro á posta en marcha do centro de estética Ylekara, con sede en Cangas, e posteriormente ao lanzamento da liña de produtos Ylé Cosmetics. Agora, e tras máis de 20 anos de experiencia investigando nos mellores laboratorios, tráenos unha revolucionaria máscara de fototerapia que sitúa o sector da cosmética galega na última vangarda e que demostra que beleza e tecnoloxía forman un tándem perfecto.
A Ylé Led Mask Phototherapy System, que incorpora a avanzada tecnoloxía que a NASA emprega para cicatrizar rapidamente as feridas dos astronautas, fai posible un dos desexos máis arraigados nos amantes do skincare: introducir tratamentos profesionais propios de centros especializados nas rutinas diarias que levamos a cabo nos nosos propios fogares. Convértese así nun potente aliado para previr e combater numerosos problemas relacionados co coidado facial, desde sequidade, grans ou acne ata manchas, engurras e outros signos da idade.

Dispositivo de limpeza facial
A Ylé Led Mask non é o último paso para esta liña de cosmética galega. Ylé Cosmetics xa está a traballar en dous novos produtos que, segundo a súa creadora, verán a luz neste mesmo ano..
A máscara ofrece tres modos de terapia baseados en luz LED segundo o tratamento específico que precisa cada pel. Desta forma, a luz azul permite eliminar a acne e as súas cicatrices e mellora a textura da cute; coa vermella conséguese reparar peles envellecidas, aumentando a súa elasticidade e luminosidade, e co led combinado pódese aliviar a tensión muscular e reducir engurras.
Os resultados aprécianse desde as primeiras aplicacións, superando a eficacia das cremas mediante o uso de tecnoloxía infravermella, que permite chegar á derme sen necesidade de recorrer a tratamentos por inxección. Outro dos puntos fortes é o seu deseño sen fíos, pensado para adaptarse por completo á cara e facilitar así o seu uso doméstico. E non nos podemos esquecer de que se trata dun produto hipoalerxénico que tamén serve para as peles máis sensibles.
A Ylé Led Mask, que xorde desde o corazón de Galicia para revolucionar o mundo da beleza e da Tecno Beauty, non é o último paso para esta liña de cosmética galega. Ylé Cosmetics xa está a traballar en dous novos produtos que, segundo a súa creadora, verán a luz neste mesmo ano.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»