Ábrese o prazo para presentar as obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu
A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro
O @FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu Botamos un chío? (Pontevedra), que se desenvolverá entre o 9 e o 23 de setembro. As bases, dispoñibles na páxina web do certame, contemplan ata cinco seccións competitivas (sen ter en conta a futura convocatoria para a Sección Escolas Galegas) seguindo a pauta da anterior edición do certame, que se saldou un ano máis cun grande éxito de público.
Ata o 15 de marzo permanecerá aberto o prazo para o envío de curtametraxes, que un ano máis deberá realizarse a través da plataforma Shortfilmdepot
Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.
O obxectivo do Festival Internacional de Cinema de Bueu é contribuír á difusión cinematográfica, non só coa promoción das mellores curtamertaxes realizadas no último ano no ámbito internacional senón tamén levando a cabo actividades relacionadas co cinema máis aló do evento.
Actualmente a organización está a traballar na configuración dun programa que continúa na liña establecida o ano pasado e que incluirá múltiples actividades de carácter cinematográfico e cultural. A isto engádense diferentes eventos e as accións da Área Social do FICBUEU, que xa comezarán en breve con diferentes colectivos.
Podes consultar as bases do FICBUEU 2023 no apartado de información da web.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»