#ACULTURASEGUE
Por Marica da Fame
Nós seguiremos traballando por Galiza.
O 2022 vai rematando, posibelmente, cando leas estas palabras xa estaremos no 2023, imaxinando cantas novas cousas poderemos facer e cantas non volveremos a repetir.
Tamén pensaremos como son sempre os mesmos os que se levan o anaco de torta máis grande e como cando ves como pasan por diante túa as farangullas, cando as vas a coller, sempre vén o paxaro grande para acabar de levalas.
Pensabamos que a pandemia nos ía facer mellores, mais o que fixo foi facer máis ricos aos ricos e aos que menos teñen, con máis remendos na roupa. Botamos un chío?#aculturasegue tomounos o pelo soberanamente, namentras os pequenos nos cansabamos de crear e partillar, para que o país non esmorecese, o gran tabeirón preparábase para dar o gran asalto.
Din que o Xacobeo aportou ao concerto de MUSE, en concepto de publicidade 2,5 millóns de euros, namentras a ti e a min ou nos daban 1000€ ou nada e tiñamos que andar de xira polo país adiante.
Máis de 120 medios en galego, que empregan única e exclusivamente o galego como lingua para se comunicar, reciben en axudas a nada namentras que os grandes medios por usar unha ridícula porcentaxe do noso benquerido idioma reciben unhas cantidades desorbitadas, asemade coñecíamos nestes días que o Parlamento de Galicia venlle de pedir contas á Xunta, de como empregou fondos públicos para manter a El Correo Gallego.
Realmente a percepción entre o sector cultural galego é da manipulación da realidade e, retomando o tema dos investimentos para o FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021 a contía rondou os 3 millóns. Consultando a hemeroteca da Xunta de Galicia atopamos esta iformación:
«Máis de 600 sesións musicais
Entre as actividades que impulsará a Xunta de Galicia a través deste Fondo de Proxectos Culturais haberá máis de 600 sesións musicais, entre concertos e obradoiros; máis de 600 representacións de teatro, contacontos, espectáculos de humor, sesións de maxia ou monicreques, preto de 120 accións vinculadas á divulgación científica, unha quincena de exposicións, máis dunha vintena de iniciativas para de animación para a lectura, etc.
Todo isto quedará distribuído entre beneficiarios moi diversos que teñen ata o mes de decembro para completar o seu traballo e entre os que se inclúen 100 autónomos, preto de 115 empresas do sector cultural, máis de 35 asociacións sen ánimo de lucro e unha ducia de cooperativas.
Unha das principais novidades da convocatoria que se resolve agora é o incremento de 500.000€ no orzamento asignando, chegando así a unha dotación total de 3M€. Ademais, tamén aumenta sensiblemente a axuda que poden conseguir os beneficiarios, pasando de 10.000€ a 15.000€ no caso de empresas, cooperativas, autónomos con persoal contratado ou entidades sen ánimo de lucro con persoal contratado, e de 4.000€ a 6.000€ no caso dos autónomos sen empregados e empresas unipersoais facendo especial fincapé nos novos creadores ou en iniciativas promovidas por mulleres ou que fomenten, ademais dos puramente lingüísticos e culturais, valores como a igualdade de xénero o respecto polo ambiente e o Xacobeo 21-22.
Outra das novidades deste ano foi a diminución nos prazos de presentación co obxectivo de un apoio inmediato ao sector e inxectar liquidez nas empresas o antes posible, paliando así os fortes efectos da pandemia no sector cultural.»
Cada quen que saque as súas conclusións, pero namentras que #aculturasegue se convirteu nun adail de proclamas, como o de aplaudir ás e aos sanitarios ás oito da tarde, un concerto e un grupo levouse 2,5 millóns de euros, e nós, os galegos e as galegas produtoras de cultura levamos o que levamos, porque sea dito de paso mirade na seguinte ligazón como foi o proceso e os requirimentos precisos https://www.lingua.gal/a-
Nós seguiremos traballando por Galiza.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»