•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

#ALERTALINGUA

150 150 CORALIA

#ALERTALINGUA

Por Milaghritos do Cebolo

Non son moito de estudos, aínda que si é ben certo que son precisos para ver en que situación se atopan certos sectores, tamén temos que ter en conta como se formulan, nun país como o galego tan vertebrado e tan diverso con clara diferenza entre as cidades e o rural.

Dicía miña avoa Laurentina da Pena Darriba, que as medias son boas para as pernas e «enghanchan» e ante resultados así, ao final sempre nos quedamos cos datos e con quen ten a responsabilidade de que as cousas acontezan.

O rural veu a menos, e de todos e todas sabido que hai un baleiro o suficientemente importante en Galicia e iso afecta directamente no idioma, tamén afecta dun xeito importante a industrialización e modernización do rural, porque até o de agora Internet séguese chamando así, por unha gran maioría, e como esa palabra centos delas que non teñen o seu correspondente na lingua. As palabras de sempre deixan de empregarse porque xa non quedan oficios e actividades que as sosteñen, só é mirar ao carón dun e ver que se deixou facer para ver que se deixou de falar.

Os mozos e mozas de menos de 20 anos xa falan máis castelán, por que? Que consumen? Que se comunica nesta lingua? Falamos e comunicámonos por necesidade.

As administracións fan o que poden?, teriamos que pedir un estudo para ver se se invirte máis na nova creación cultural en galego, e falando de cultural, teriamos que ver cal é a cultura destes mozos e mozas, que non é a cultura da contínua reedición de libros e figuras de anacrónicas dédacadas que xa pouco ou nada teñen que ver cos actuais tempos, Rosalía de Castro, Cunqueiro, As Irmandades da Fala, Castelao, foron modernos do seu tempo e contaban na linguaxe daquel entón, hoxe son historia a ter en conta, pero non son a vida deste século.

Onde está a nova Rosalía, o novo Castelao? Cales son as novas figuras coas novas ferramentas comunicativas? Cales son os e as youtubers, tiktokers que fan cultura de consumo a través do galego? Invirtimos aí?

Canto galego exportamos? É un éxito que Rozalen cante en galego? Si, si que é.

Realemente vivimos na contemporaneidade cultural ou nunha realidade contemporanea que non traspasa Piornedo?

Se miramos estos datos, parece que está todo perdido, porque a lingua vai a menos. É reversible si, pero coa vontade de todos e todas.

 

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido