•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Carla Royo-Villanova

150 150 CORALIA

Carla Royo-Villanova

No diván de Coralia

Entrevista Álex Regueiro
Ilustración Olaia Diéguez de Boó

Como te presentarías en poucas palabras?
Son Carla Royo-Villanova Urrestarazu
de Sajonia-Coburgo-Gotha.

Cales son para ti os ingredientes da felicidade?
Gozar dos pequenos momentos.

A que persoa viva admiras?
Ao rei Felipe VI.

Que personaxe histórico che produce máis animadversión?
Mao, Stalin, Lenin, Pol Pot, Hitler e todos os xenocidas totalitarios.

De poder elixir en que ou quen reencarnarte, que ou quen quererías ser?
A miña gata.

Cal é o teu medo máis recorrente?
Perder os meus seres queridos.

Un libro que mereza a pena?
Historia de España contada para escépticos, de Juan Eslava Galán.

Cal é o mellor día da semana?
O luns.

Podes imaxinar a vida sen Internet?
Eu vivina.

Cal é o teu maior éxito?
A miña familia.

Onde viaxas para perderte?
A un libro.

Hai algún don que botes en falta?
Quero debuxar como a miña irmá Guillermina e bailar como unha amiga miña.

Tes algunha teima ou ritual de obrigado cumprimento cada día?
Colgar as perchas coa punta cara á parede.

Cal é a característica que máis admiras nun home?
A honestidade.

E nunha muller?
A honestidade.

Que querías ser cando eras pequena?
Bailarina de ballet clásico.

Como che afecta o Nadal?
Tanto que sempre pido que o seu espírito permaneza todo o ano.

Cal é o teu animal de compañía favorito?
Lego e Rodis.

A que che gusta dedicar as horas mortas?
Non existen.

Na cociña es unha artista facendo que cousa?
Lentellas.

Cal é o principal trazo do teu carácter?
Intento que siga sendo o sentido do humor.

Dos cinco, cal é para ti o sentido máis importante?
Un sentido non ten sentido sen outro sentido.

Algo que antes che gustou e que agora detestes?
A televisión.

E ao contrario?
De pequena odiaba as lentellas.

Que canción non podes deixar de cantaruxar?
A que se me pegue no momento.

Con que defectos es máis comprensiva?
Coa impaciencia; ás veces ata chego a entendela.

Cales son as loitas coas que máis te identificas?
Hai unha que abarca todas as demais: a liberdade.

Noctámbula ou madrugadora?
Noctámbula.

Cal é o teu maior atractivo?
Gústanme moito os meus nocellos.

Que che inspira Galicia?
Feitizo e maxia

 

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido