•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

150 150 CORALIA

Reportaxe Noelia Lage
Fotografías Martín Lagoa

Podes notalo? O verán chega a Galicia. E con el intensifícase o fluxo de viaxeiros que dedican os seus días a percorrer as incontables marabillas que Galicia pon a disposición dos máis aventureiros. Un prato típico con sabor a tradición pero tamén a vangarda; a historia dun pobo que loita e se supera en cada etapa do seu camiño, a forza con que nos envolve a natureza exuberante, a delicadeza e sensibilidade que emana da cultura e mais o folclore galegos; todo se vai entrelazando no maxín de cada aventureiro para descubrires que, sen apenas decatarse, xa namoraron de Galicia.

Si, o verán xa chegou a Galicia. E con el as ganas de descubrir, de crear experiencias e, por suposto, de gozar da nosa natureza e das augas cristalinas que recorren a xeografía galega en forma de mares, ríos e lagoas. Entre os emprazamentos para o ocio acuático, Castrelo de Miño presenta unha oferta exclusiva, capaz de cativar os viaxeiros máis escépticos. Estamos a falar do Parque Náutico de Castrelo, unha zona axardinada de extraordinaria fermosura, que sitúa na ribeira do río Miño unha oferta turística que combina a actividade deportiva coa gastronomía, a música e a cultura.

Ao chegar ao Parque Náutico de Castrelo, a benvida vén da man do deporte. Non é de estrañar, pois trátase dunha actividade de grande importancia para o encoro, que acolle unha das tres pistas olímpicas de remo e piragüismo de España. Rodeados de montañas e co río Miño como protagonista indiscutible da paisaxe, os máis bulideiros atoparán o sitio perfecto para practicar deportes náuticos como kayak, vela, remo ou paddle-surf. Pero esta non é a única opción, pois hai para todos os gustos. Así, outros prefiren unha xornada de paseos, baño ou o alugueiro de embarcacións a pedais, moi demandado durante toda a época estival.

O embalse é tamén punto inicial de diferentes percorridos. É o caso da viaxe en catamarán dispoñible durante os meses de verán, que permite aos turistas descubrir unha nova mirada ao val do Miño. E para os que teñen os pés ben afianzados na terra, desde o Parque tamén se inicia a ruta de sendeirismo Miño-Calvario-Coto de Novelle. Nela, as vistas dos viñedos mestúranse cunha ampla oferta de patrimonio natural e histórico-artístico. A medida que o sendeiro nos leva ao miradoiro de Coto de Novelle, punto máis alto da ribeira oriental do Miño na zona, van xurdindo miradoiros así como inesperados petróglifos ou fontes termais.

O restaurante que se sitúa no Parque Náutico, e que comparte con el ademais do fermoso emprazamento o nome, permite poñer o colofón á xornada deportiva a través da gastronomía. A nosa recomendación: unha cea con produtos típicos, como é o peixe traído de lonxas galegas, acompañada dun bo viño branco e dun dos máis fermosos solpores da zona. O viño, por suposto, non pode ser outro que un Ribeiro; Denominación de Orixe propia da comarca cuxos viños son frescos e elegantes, con marcados trazos atlánticos que non obstante conservan unha lixeira influencia do clima mediterráneo.

O deporte e a gastronomía non son atractivos acaparadores e sempre deixan un oco á cultura e a música. Así, as postas de sol e as noites estivais no Parque Náutico énchense de música da man de concertos e festivais, que acollen tanto talento galego como grupos nacionais e internacionais. É o caso do Ribeiro Blues Wine Festival, onde a música blues en vivo comparte escenario coa degustación de viños da zona; ou o ciclo Solpores no Náutico, que ano tras ano achega á comarca o panorama musical galego. O Parque acolle tamén, durante todo o ano, diferentes feiras tradicionais con mercados, artesanía, degustacións, música, etc.

O Parque Náutico de Castrelo ofrece así unha experiencia de luxo, completa e inesquecible que deixa con ganas de máis. Por sorte, a comarca do Ribeiro abre ante nós un abanico de posibilidades que permite alongar a estancia. Así, continuamos camiño por esta terra de suaves outeiros, a través dunha extensa riqueza natural, cultural e arquitectónica: exclusiva oferta termal cos máis afamados balnearios da provincia; visitas aos viñedos e bodegas da Denominación de Orixe; Ribadavia e o seu casco histórico… Podes notalo? O verán chega e, con el, as ganas de percorrer terras máxicas como as de Castrelo de Miño, como as da comarca do Ribeiro

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido