DECEMBRO NA ÁRTIKA
Cultura e Arte
Decembro é un mes que ven cargado de teatro e eventos na Sala Ártika. Entre eles, hai que destacar a celebración do VIII Festival Pequeártiko de Nadal, festival que naceu e creceu da man da propia Sala e que todos os anos, polas datas de nadal, mostra na cidade de Vigo a mellor programación de teatro familiar. Un festival para que os máis pequenos da casa e os seus familiares poidan gozar de espectáculos de todo o país e de xeneros ben dispares.
Pequeártiko é, tras oito edicóns, unha referencia no teatro para a primeira infancia, e este ano, desde o 22 ao 31 de decembro, o público poderá gozar das obras de compañías consolidadas como Tanxarina, La machina teatro, Migallas, Ártika CIA ou Títeres sin Cabeza entre outros.
Tamén, acollerán o XX Circuíto de la Red de Teatros alternativos, sendo a Sala Ártika o único espacio en Galicia que acolle este circuíto. Ideado co obxectivo de facilitar a xira de compañías, polas salas alternativas asociadas á Rede en todo o Estado, este proxecto ten a súa orixe no Circuito Intersalas, que recollía un sistema alternativo de mobilidade para as producións de salas socias da Rede e compañías afíns. A experiencia das sucesivas edicións, e a posibilidade de contar con maiores recursos, propiciou abrir a idea do Circuito a outras compañías, non necesariamente vinculadas ás salas alternativas, favorecendo un proceso cuxo resultado é o Circuito tal e como se desenvolve na actualidade.
A programación complétana a compañía «Provisional danza» de Carmen Werner (3 e 4 de decembro), premio Nacional de Danza 2007 e Medalla de Oro al mérito en las Bellas Artes en 2020, co espectáculo «Todo lo bueno sucede en silecio» e o concerto de Ensemble Liberdade o 15 de decembro.
Consulta a programación aquí.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»