•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

ESTRELAS MICHELIN

150 150 CORALIA

ESTRELAS MICHELIN

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolle a presentación da nova edición do evento solidario Estrelas no Camiño

Texto Álex Regueiro
Fotografías Santiago Taboada

O promotor do evento, Rogelio Rial, foi acompañado das Estrela Michelin Manuel Costiña e Pepe Vieira.

No acto interviron a directora xeral de Turismo Nava Castro, o promotor do evento Rogelio Rial de Casa Barqueiro, a Estrela Michelin Manuel Costiña e a presidenta de ACEM Teresa Gónzalez.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022.- O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu a presentación da nova edición Estrelas Solidarias no Camiño, unha iniciativa de Casa Barqueiro, restaurante familiar fundado en 2001 situado en Negreira ao pé do Camiño de Santiago – Fisterra.

Xestionado e traballado polos irmáns Rogelio e Fran Rial Romarís, que contan cunha dilatada e estreita vinculación de total confianza co mundo Michelin, veñen celebrando desde hai oito anos, este singular evento gastronómico apoiado polas máis afamadas Estrelas Gastronómicas de renome internacional.

Rogelio Rial fixo fincapé na importancia que este evento ten para Galicia e para a promoción do Camiño de Santiago así como da gastronomía e cultura galegas apoiándose nos 27 cociñeiros que acudirán a Gonte – Negreira e que suman un total de 69 estrelas. Rial agradece o esforzo que os astros da cociña fan xa que se atopan nunhas datas moi complicadas para viaxar, pero consideran de importancia, xa que o fin solidario deste evento axudará a moitas familias con problemas neurodexenerativos.

Rogelio Rial

Nava Castro salientou a importancia da presenza de máis Estrelas Michelin galegas e da solidariadade deste evento, xa que os beneficios do mesmo irán a para a ACEM.

“Galicia, cando falamos de gastronomía é calidade” “Xa desde a ano 92 somos coñecidos por Galicia Calidade” en referencia á importancia da colaboración deste ente así como a participación de PescadeRías.

Nava Castro salienta que o evento solidario Estrelas no Camiño, será o hepicentro da gastronomía de Galicia.

Nava Castro

 

Teresa González, presidenta de ACEM, pon de manifesto a labor da asociación que preside, unha entidade volcada coas persoas que padecen Escleróse Múltiple, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas e agradece que os beneficios deste evento recaian en ACEM.

Teresa González

A Estrela Michelin, Manuel Costiña preparou no CSHG Petiscos de pataca nova de Coristanco e bacallau agradecendo a Rogelio Rial que conte cos cociñeiros galegos para esta causa e convidounos a asistir a Gonte o 1 de agosto.

Manuel Costiña

Petiscos de pataca nova de Coristanco

Bacallau

No acto, ademais, estiveron presentes a xerente de Galicia Calidade Ana Méndez, a subdirectora xeral de Pesca Marta Villaverde, a directora do CSHG Marta Marta Fernández e a Estrela Michelin Pepe Vieira.

Os cociñeiros que acudirán a Gonte son Martín Berasategui, Pablo González Buenavista, Paco Roncero Nacho Manzano, Jordi Cruz, Eneko Atxa, Ángel León, Dani García, Ramón Freixa, os irmáns Torres, Valerio Carrera, Marcos Granda, Javier Olleros, Elena Arzak, Manuel Costiña, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Pedro Subijana, Marcelo Tejedor, Paulo Airaudo, Miguel González, Francis Paniego, Paolo Casagrande, Iván Cerdeño, Quique Dacosta, Diego Guerrero e Yayo Daporta.

  • IVÁN CERDEÑO
    IVÁN CERDEÑO

 

Podes mercar as túas entradas premendo na seguinte imaxe

Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido