Fran Basteiro
Gaña o premio Xuventude Crea 2021
Fran Basteiro faise co primeiro premio Xuventude Crea 2021 na categoría de moda con “Out of this world”, unha colección que toma com pretexto a chegada ao noso planeta dun ser doutro mundo, para falarnos de aceptación e un cambio na paradigma cara unha nova masculinidade onde non teñen lugar os estereotipos.
Os seus deseños empregan a moda como unha ferramenta para alcanzar a liberdade e expresarse dentro dun universo imaxinario a través de tecidos en tons iridiscentes e brancos.
O xurado estivo presidido por Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude e contou coa participación de personalidades do mundo da moda como Heriberto Otero, Belén Correa, Patricia García Lema, María de Fátima Díez Pratas e Paula Montoto.
Tanto o traballo de Fran Basteiro como do resto de finalistas das categorías de Moda e Deseño de Xoias poderán contemplarse nunha exposición que ten lugar na Igrexa da USC desde o 1 de decembro ao 15 de xaneiro de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.
Co recoñecemento ao traballo de Fran Basteiro, é o segundo ano consecutivo que un alumno da escola de Moda FormArte, se fai co premio Xuventude Crea tras o concedido á colección Hand( some), obra de Ana María Vázquez Fernández, na edición de 2020.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»