Gañadoras do XIV Santiago(é)tapas
«Navalla» e «Queixo» de ArteSana, gañadoras do XIV Santiago(é)Tapas
A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolleu a gala de entrega de premios do XIV Santiago(é)Tapas e do III Santiago(é)Cóctel, conducida pola xornalista Marga Pazos. Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e unha nutrida representación da hostalaría compostelá.
Durante as dúas semanas e media que duraron os concursos repartíronse máis de 24.000 tapas e 2700 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 14.816 válidos.
As propostas gañadoras foron:
– Premio á Mellor Tapa na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 1.000 euros para «Navalla» de ArteSana. Esta é a tapa que obtivo unha maior puntuación e, polo tanto, representará a Santiago no concurso «De tapas por Galicia», que organiza Turismo de Galicia.
– Premio á Mellor Tapa na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 1.000 euros para «Queixo» de ArteSana.
– Premio á Mellor Tapa maridada con viño Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 500 euros para «Polo rubio en ravioli de wonton» da Bodeguilla de Santa Marta.
– Premio á Mellor Tapa maridada con cervexa Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 500 euros para «Pan bao asado da feira» de La Planta.
– Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 700 euros para «Taco pulled porco» de Pedra.
– Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2022, dotado cunha figura, un diploma e 700 euros para «Navalla» de ArteSana.
– Premio á mellor tapa sen glute Santiago(é)Tapas 2022, dotado cun diploma e unha cesta de produtos sen glute para «Croquemol» de Vilar 64.
– Primeiro premio Santiago(é)Cóctel 2022, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros para «Frida Kahlo» do Pub Atlántico.
– Segundo premio Santiago(é)Cóctel 2022, dotado cunha cocteleira, un diploma e 400 euros para «Purple rain» de O Sendeiro.
– Mellor Gin Tonic Royal Bliss Tradicional, dotado cun diploma e 600 euros para «Get back» de Pub Atlántico.
– Mellor Combinado Royal Bliss Vangarda, dotado cun diploma e 600 euros para «Frida Kahlo» de Pub Atlántico.
Ademais destes galardóns, os chefs dos locais que maior puntuación obtiveron no concurso recibiron como agasallo a chaqueta curta oficial de Santiago(é)Tapas. Estes foron: ArteSana Gastrobar, Bar Suso, Bodeguilla de Santa Marta, El Cartel de Mawey, La Planta, Madia Leva, O Sendeiro, Pedra, TS A Casa e Vilar 64.
O XIV Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 63 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela. O certame volveu a contar un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra, en liña coa filosofía da marca que considera o tempo coma un ingrediente esencial á hora de elaborar as cousas que merecen a pena, como a boa gastronomía. Tamén colaboraron nesta edición Cash Record, Banco Sabadell, Utimaq, a Asociación de Celíacos de Galicia, Monbus Obradoiro CAB, SD Compostela, o festival Cineuropa, Can Cat e Renfe.O III Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co patrocinio de Cash Record e Royal Bliss, que nesta edición contou con 35 cócteles participantes.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»