•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

GUERRILLA

150 150 CORALIA

GUERRILLA

Cultura reivindicatica

Durante os días 1, 2, 3 e 4 de decembro Pontevedra vai encherse de cultura reivindicatica. Esta segunda edición do Guerrilla chega con forza para reivindicar loitas sociais históricas a través da cultura. Este ano, os eixos temáticos principais das xornadas serán a educación durante o franquismo, a censura musical na dictadura e a loita do pobo saharauí. 

En cada unha das xornadas haberá un faladoiro para conversar e reflexionar sobre estes temas con persoas expertas e un espectáculo comprometido de peche. 

Por esta segunda edición de Guerrilla pasarán espectáculos como «Encerrona» de Pepe Viyuela, «Grándola de mi querer» de Luís Pastor, ou a obra teatral «As Alumnas». Ademais, o domingo haberá unha gala de peche a prol do pobo saharauí onde estarán artistas como Uxía Senlle, Yslem Hijo del Desierto, Dakidarría ou Isabel Risco. Consulta o programa completo:

 
 
O obxectivo de Guerrilla é pór en valor as loitas sociais e culturais históricas que se artellaron no noso país e demostrar que non están mortas. Guerrilla é o vivo exemplo de que dende todos os recunchos de Galicia e do resto do mundo estanse a facer pequenas accións culturais para construir unha sociedade xusta para todos e todas.

 

 

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido