I CONGRESO DE MODISTAS DE GALICIA
O Museo do Pobo Galego acolle, mañá día 13 ás 11.00hrs, o I CONGRESO DE MODISTAS DE GALICIA que nace da necesidade de poñer en valor o sector da modistería galega e de buscar puntos de reactivación deste.
A xornada que nace da necesidade de poñer en valor o sector da modistería galega e de buscar puntos de reactivación deste, quere facer xustiza e devolver á profesión todo o que esta aportou ao país, xa que foi píar da industria téxtil galega e motor económico para a economía de subsistencia de moitas familias galegas. Esta é o noso principal desexo nun momento en que a modistería tradicional corre, máis ca nunca, o risco de ser esquecida.
A globalización pode ás veces compartarse como un xigante aplastante, pero as profesionais do sector, unidas en número e forza, teñen nas súas mans a capacidade e a oportunidade de levantar a profesión e superar así, o que pode semellar, de primeiras, insalvable. Está nas mans de todas e todos facer realidade este soño.
Nesta primeira edición do congreso de modistas de Galicia, contamos coa presenza dunhas convidadas de luxo como Concepción Losada, Encarna Otero, Luisa Pereiro, Ana Prados, Elena Fabeiro, Beatriz Montesinos e Mercedes Queixas, que, coas súas intervencións, de certo, axudarán a vislumbrar o camiño para superar este reto.
As aportacións e achegas deste primeiro congreso de modistas de Galicia, materializanse nun memoria que será dirixida aos organimos e institucións públicas competentes. En concreto, e como punto de partida, elevarase á RAG a petición de revisións de termos como modisto e modista, solicitarase a inclusión da profesión no selo Galicia Calidade e cursarase a petición de que xa na vindeira celebración do 8 de marzo non deixe de informarse a cerca do papel transcendetal que desenvolveron as mulleres do sector téxtil na orixe e razón de ser desta efemérides.
O noso agradecemento, como organización deste congreso, ao excmo Concello de Santiago de Compostela, patrocinador único do mesmo, á Fundación Pública Artesanía de Galicia e ao museo do Pobo Galego.
Como colofón deste congreso, a organización resolveu conceder o premio María Miramontes a Don Ismael López, que ata hai ben pouco, e na compaña de Sol Lavandeira, a súa dona, tamén aquí presente, rexentou a tan nosa xastrería Pepecillo.
Entrega a distinción Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»