Muy Castiñeira
De Carla Royo – Villanova
Fotografías Manuel Novo
Editora de moda Lucía Yanina Antonella Cabrera
O primeiro que me conta Sandra Castiñeira é que é filla de emigrantes e que nunca destacou nos seus estudos. Así que empezamos ben a nosa charla con motivo da miña visita a Galicia. Unha visita breve pero intensa, aínda que Galicia sexa para vivila e gozala amodiño. Así é como esta deseñadora namorada da que xa é a súa terra, traballa as súas creacións. «Slow fashion» asegúrame. Roupa elaborada de forma artesanal desde o principio ata o fin. Ama a costura desde nena, cando a súa nai a levaba á costureira do pobo para que lle confeccionase os seus vestidos. Faime sentir identificada. Tocáronnos uns tempos nos que tiñas que vestir a roupa arranxada da túa nai e en contadas ocasións eras ti a protagonista dun vestido confeccionado por algunha modista. Apenas había tendas de roupa para nenos e peor aínda, na adolescencia.
Sandra comezou así a soñar con poder chegar a deseñar a súa propia roupa. Soñaba con tesoiras rachando tecidos, xices (tizas) marcando patróns, alfineterios repletos e clientas pedindo cita. A pandemia fíxoa regresar de Londres onde vivía coa súa familia e comezou o principio do seu soño feito realidade. Co apoio da súa xente arrincou o motor que permanecía durmido. «…E aí imos, a lume lento, e en marchas curtas aínda, tentando controlalo todo, con moita cautela…» Fala amodo, medita todo o que di, non sei se é a súa primeira entrevista, pero é para Coralia, a mellor revista de Galicia. Pregúntolle polo nome da marca, Muy Castiñeira, e a súa resposta sorpréndeme tanto como a súa valentía, «`Muy´ para min cualifica o meu carácter, significa insistente, perseverante, loitadora, humilde, positiva, enérxica, creadora, soñadora…» Certamente así é Sandra Castiñeira.
Ao visualizar cada tecido imaxina o vestido que faría con el. As súas coleccións aínda son pequenas en cantidade, pero grandes en calidade e aínda máis grandes en paixón e traballo. Declárase fan da moda dos anos 40 e 50. Roupa clásica e sempre elegante. Por iso é polo que se achega a clientas de todas as idades, pero cun punto en común, son mulleres atemporais, que non buscan últimas tendencias senón elegancia e personalidade. «Leves o que leves ten que representar a túa personalidade, levarás a moda, non que a moda te leve a ti».
E esta é outra da miña propia filosofía, hai que coñecer as tendencias para adaptalas ao teu propio estilo, á túa forma de vida. Sandra supón que a conversa chega ao seu fin e puntualiza algo que quere destacar, algo que para ela tamén é «muy á miña querida familia e sen a colaboración de persoas bondadosas, este soño non sería xa unha realidade. Teño moita sorte de ter ao redor persoas que sempre me axudan».
Sandra, foi un pracer e un gran descubrimento conversar contigo e coñecer a túa marca, a sorte é de quen comparte contigo a súa vida e agora tamén dos teus clientes por confiar a súa elegancia a unha persoa tan marabillosa, completa e valente como ti. Conquistáchesme e xa son «Muy Castiñeira»
Grazas e a brillar, que para iso espertaches do soño e arrincaches os motores da túa creatividade.
Fotografías: Manuel Novo
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»