Noroeste Obradoiro
GAÑADOR CATEGORÍA PREMIO PRODUTO NOS PREMIOS NACIONAIS DE ARTESANÍA 2021 por «Línea», unha colección de xoias que reflicte a filosofía de traballo deste obradoiro compostelán. As pezas están inspiradas no concepto da liña, simple ou composta, recta ou curva, pero sempre despoxada. Cunha impronta para facela orgánica pero deixando sempre presente o valor da simplicidade xeométrica e unha textura delicada sobre o metal, ouro ou prata, que o converte en pel. A colección é un conxunto de colares, pulseiras e pendentes en ouro, prata e mixtos, ocasionalmente con mínimos engadidos de pequenas pedras de cor ou diamantes en engastes sinxelos.
GAÑADOR DO PREMIO ARTESANÍA DE GALICIA 2016 pola súa peza «Voluta Volutidae». A proposta consegue propor unha relación de tensión entre os dous elementos conformadores da peza, ferramenta e contedor, que máis alá do dialogo equilibrado entre eles, lle confire un auténtico sentido contemporáneo ao elemento.
O xerme de Noroeste Obradoiro é a Galería Noroeste, fundada polo xoieiro Antonio Ibáñez en 1.994 na cidade de Compostela. No ano 2011 Jose Castro, faise socia e codirectora da Galeria Noroeste e comeza con Antonio Ibáñez unha nova aventura creando un espazo novo no que se unifica a galería con os seus respectivos talleres persoais sen ningún tipo de división física, unindo a creación, manufactura e venda das súas pezas en Noroeste Obradoiro no ano 2013.
NOROESTE OBRADOIRO (Santiago de Compostela)
Jose Castro. 680 470 780
Rúa Travesa, 5 Baixo. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
981577130
info@noroesteobradoiro.com
noroesteobradoiro.com
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»