O CORPO ABERTO
O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.
Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da «raia seca», na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos.
Os límites, as «raias» ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.
Sinopse:
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, una aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da vila libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.
É unha coprodución hispanolusa entre as compañías OlloVivo (Galicia),
O CORPO ABERTO estrearase en cines o 9 de decembro distribuída por FILMAX
FOTOGRAFÍA DE MARCOS PEREIRO
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»