«A liberdade e a transgresión das normas sociais case sempre teñen custos moi altos: a incomprensión familiar e social, o acoso escolar, a soberanía médica, a exclusión social… E, aínda así, o desexo de voar libre é máis forte que todo iso»
CRISTINA PALACIOS
CORALIA 7
«Penso nunha realidade alternativa onde, en vez de encamiñarnos a Santiago, daríamos unha volta polas ribeiras do Sar onde naceu Rosalía, apenas lembrada por un deses informes monolitos chantado na Praza de Vigo»
PEPE SENDÓN
CORALIA 4
«O 2020 vai ser o centenario do Día Nacional de Galicia. E debería ser entendido como unha oportunidade para darlle unha volta a todo isto. Sería desexable unha cita que mobilizara toda a sociedade galega. Toda, a través das súas institucións, si; a través dos seus partidos, si; pero tamén a través das diferentes entidades sociais, de xeito plural e participado por axentes de diferente natureza»
XOÁN BASCUAS
CORALIA 14
«Català-Roca describiu un diferente Camiño de Santiago, unha distinta Galicia e unha nova Compostela. O máis célebre dos seus resultados é o afiche para o Ano Santo Compostelán de 1965, por vez primeira cunha foto a cores»
ANXO RABUÑAL
CORALIA 4
Algunha reflexión
que queiras compartir?
Contacta con nós chamando ao número 981 80 65 28 ou escríbenos un correo a redacción@coralia.gal.
OPINIÓN
«A miña patria é a infancia» escribeu
o poeta Baudelaire...
Por JOSE ANTONIO LIÑARES