Premios Martín Códax da Música
Xa hai finalistas da 9ª edición
Festa na tarde do mércores 14 en Cambados para anunciar as máis de 50 propostas que entran na votación final.
En 2022 a gala dos premios celébrase o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Na súa casa, en Pontevedra, é onde comeza todo, pois alí debullan as fantasías para crearen os mundos que contarán nos seus espectáculos. Logo traballan con ferreiros de Vigo, con enxeñeiras galegas, con electricistas de Bielorrusia… E constrúen pértegas imposibles nas que verás bailarinas abaneando no ceo. É o mundo de Pablo Méndez Performances e esta é a súa historia.
O Salón de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados, foi o escenario este mércores 14 de setembro da festa de finalistas dos 9º Premios Martín Códax da Música. A partir das seis e media da tarde foron coñecéndose os nomes das corenta e cinco bandas e artistas, tres por categoría, que pasan á recta final desta edición 2022. Ademais, tamén foron desvelados os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: Salas, Festivais e Comunicación e Difusión Musical. Todos os finalistas recolleron un agasallo das Bodegas Martín Códax en recoñecemento da súa inclusión na fase final de votación. Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
A relación de proxectos finalistas dos Martín Códax ofrecen unha ampla perspectiva do panorama musical galego na actualidade. Na categoría de Pop e Indie os artistas seleccionados son De Vacas, Anxo Araujo e Néboa; en Rock, Familia Caamagno, Moura e Bala e en Blues, Funk e Soul, Nastasia Zürcher, Udra e O Cadelo Lunático. As tres propostas finalistas en Canción de Autor/a son Antía Muíño, Xóan Curiel e Sofía Espiñeira, mentres que en Músicas Urbanas son Rebeliom do Inframundo, O Rabelo e Ilmarto.
Grande Amore, Garza e Hilario Rodeiro recibiron o seu agasallo como finalistas da categoría de Electrónica e, no caso do Metal, os afortunados foron os grupos Arrhythmia, Grima e Teima.
No apartado de Música Clásica e Contemporánea son finalistas 2022 Samudra Trío, Katerina Linke e Fernando Abreu; en Jazz e Músicas Improvisadas, Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación e Valentín Caamaño. Na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe, resultado de fusionar as dúas existentes nas edicións previas dos premios, chegan á final dos mesmos, Catuxa Salom, Nebra e Sheila Patricia. En Música Tradicional, Airiños da Freba, Cántigas e Frores, e Os da Porfía foron os nomeados na tarde do mércores 14, e en Folk foi a quenda de Cuarteto Caramuxo, Oîma e Os d’Abaixo. Mamá Cabra, Pitusa Semifusa e Martiña Soñadora son os proxectos musicais dirixidos aos públicos noviños que resultaron finalistas na categoría Infantil; mentres que en Orquestras, Grupos e Música de Verbena a triada finalista é La Oca Band, Bicoia e América de Vigo, e en Bandas de Música Popular, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda de Música Cultural de Salceda e A Banda de Lombás.
Os Premios Organistrum, que recuperaban nesta novena edición o seu proceder habitual tras a pandemia, tamén tiveron en Cambados anuncio de finalistas. Na categoría de salas, A Arca da Noe (Vilar de Santos), Sala Karma (Pontevedra) e Sala Rebullón (Mos); na de festivais, Festival de Ortigueira, Canteira Fest (Vilaboa) e Canjazz (Cangas). Os Espazos de Comunicación Musical que chegan á final dos premios son Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo e Descúbreas.
Case 400 candidaturas musicais e xurado 2022
A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra. Asistiron ao acto a responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces e o alcalde de Cambados, Samuel Lago. Allegue López reseñou na súa intervención o apoio á cultura “como parte da identidade das bodegas, especialmente no caso da música e destes premios polo seu carácter colaborativo”, e manifestou o orgullo de ir da man do conxunto de músicas e músicos de Galicia nos Premios Martín Códax. “Levamos anos promocionando a cultura e gústanos, non en van levamos o nome dun trovador nas Bodegas”, sinalou.
O pasado 3 de setembro finalizaba a reunión e votacións do xurado dos Premios Martín Códax da Música 2022, de onde saíu a selección de proxectos finalistas que hoxe se presentaron. Ademais o xurado encargouse de seleccionar o premio Artista Emerxente, unha das novidades en canto a categorías extraordinarias que se darán a coñecer na propia gala deste ano. Como explicou a presidenta da entidade, Xiana Lastra, durante a festa de finalistas, preto de catrocentros proxectos presentáronse a esta novena edición dos premios. Lastra tivo un efusivo agradecemento para as Bodegas Martín Códax, os patrocinadores institucionais e o xurado. Este estivo integrado en 2022 por Adriana Tarela, produtora e xerente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Rubén Fernández, músico e docente, Pedro Iglesias, produtor e técnico de son, Lois Atanes, xornalista musical, e Silvia Penide, cantautora. A votación abrirase aos socios e socias de Músicas ao Vivo entre o 15 de setembro e o 2 de outubro. Ademais este ano abrirase a participación tamén ao público, que poderá votar na outra nova categoría extraordinaria desta edición (Artista do Ano) a través da páxina web dos Premios . Nos próximos días tamén se desvelará o Premio Honorífico 2022. A gala desta 9ª edición dos Martín Códax celebrarase o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra; ali coñeceremos todas as propostas premiadas da edición, incluídas as das novas categorías extraordinarias: Artista Emerxente e Artista do Ano.
OS PROXECTOS FINALISTAS 9º PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA, 2022
Pop e Indie
De Vacas, Anxo Araujo, Néboa
Rock
Familia Caamagno, Moura, Bala
Canción de Autor/a
Antía Muíño, Xóan Curiel, Sofía Espiñeira
Músicas Urbanas
Rebeliom do Inframundo, O Rabelo, Ilmarto
Blues, Funk e Soul
Nastasia Zürcher, Udra, O Cadelo Lunático
Electrónica
Grande Amore, Garza, Hilario Rodeiro
Metal
Arrhythmia, Grima, Teima
Música Clásica e Contemporánea
Samudra Trío, Katerina Linke, Fernando Abreu
Jazz e Músicas Improvisadas
Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación, Valentín Caamaño
Músicas do Mundo e Mestizaxe
Catuxa Salom, Nebra, Sheila Patricia
Música Tradicional
Airiños da Freba, Cántigas e Frores, Os da Porfía
Folk
Cuarteto Caramuxo, Oîma , Os d’Abaixo
Música Infantil
Mamá Cabra, Pitusa Semifusa, Martiña Soñadora
Orquestras, Grupos e Música de Verbena
La Oca Band, Bicoia, América de Vigo
Bandas de Música Popular
Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música Cultural de Salceda, A Banda de Lombás
Finalistas Organistrum:
Salas
A Arca da Noe, Sala Karma, Sala Rebullón
Festivais
Festival de Ortigueira, Canteira Fest, Canjazz
Espazos de Comunicación
Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo, Descúbreas
<?php echo do_shortcode(‘
‘); ?>
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»