PREMIOS
CORALIA
A revista Coralia convoca os primeiros Premios Coralia, co fin de dar recoñecemento a aquelas persoas, colectivos e fundacións que mediante o seu traballo poñen en valor Galicia desde distintas ópticas. É por iso que, as categorías nesta primeira edición, quedarán dispostas deste xeito:
- Premio Coralia na música
- Premio Coralia nas artes plásticas e fotografía
- Premio Coralia na escrita
- Premio Coralia na moda
- Premio Coralia na gastronomía
- Premio Coralia na ciencia
- Premio Coralia na política
- Premio Alfredo Iglesias, á traxectoria dunha vida
Poderán concorrer todas as persoas, colectivos e fundacións que teñan un marcado compromiso por Galicia, sen que implique residir na comunidade autónoma galega. Os premios non teñen dotación económica. O xurado estará formado por destacadas personalidades do mundo, das artes en xeral, da gastronomía, da ciencia e da política.
As candidaturas deberán ir acompañadas por un texto, de ata 1200 palabras, onde deberá figurar o título da candidatura, máis o nome da persoa, colectivo ou fundación. Tamén será posible adxuntar un arquivo. A información solicitada para participar deberá ser enviada ao mail premioscoralia@gmail.com. O prazo de presentación rematará o día 2 de xullo de 2021.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»