Carpeta de Prensa
CANLE RIBEIRA SACRA
A Guía de Viaxes da Revista Coralia fai parada na #RibeiraSacra no seu roteiro pola Galicia das experiencias da paisaxe, da gastronomía, da cultura e da aventura. Un número especial que quere convidar ás viaxes interiores.
A CASA DE GALICIA EN MADRID
A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, acolleu onte, 19 de maio de 2021, a presentación da revista “CORALIA Guía de viaxes de Galicia 2021”, editada e dirixida por Álex Regueiro. No acto, que se desenvolveu con aforo limitado en cumprimento das medidas anti covid, interviñeron o propio Álex Regueiro e a Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, Ana M.ª Pastor Julián.
LA REGIÓN
La comarca de Monterrei, el Gaiteiro da Catedral o la Ribeira Sacra son algunos de los atractivos turísticos de la provincia que tienen cabida en el número especial de la revista Coralia Viaxes, que se presentó ayer en la ciudad. En la presentación de esta edición -que llega a Ourense tras haberse mostrado en Fitur-, estuvieron presentes autoridades como el presidente de la Diputación, Manuel Baltar, o el delegado territorial de la Xunta, Gabriel Alén.
FARO DE VIGO
A revista ‘Coralia’ presentou onte un novo número no que dedica unha parte das súas páxinas a Ourense como destino turístico de innovación. Esta publicación é unha das iniciativas empresariais que recibiu o apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e forma parte do abanico de contidos creativos de interese cultural en galego que se puxo en marcha ao amparo do Plan de Reactivación ao comezo da pandemia.
O NOTICIEIRO
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe, no restaurante A Feira, no barrio da Ponte, no acto de presentación dun número especial da revista Coralia Viaxes, publicación influencer no ámbito do turismo, que dedica esta edición a destacar elementos de innovación turística na provincia ourensá.
TELEVISIÓN DE GALICIA
Na Revista da Fin de Semana queremos achegarlles todos eses recunchos, monumentos e lugares que fan de Galicia un dos destinos máis apetecibles para os viaxeiros.Algo que tamén reflicte Coralia. Guía de Viaxes de Galicia, publicación da que é editor e director Álex Regueiro.
O TINTEIRO
La Xunta de Goberno de la Deputación de Ourense, presidida por Rosendo Fernández, en ausencia del presidente Manuel Baltar, quien a esa hora acudía a Expourense para ser vacunado contra el COVID-19, aprobó hoy la concesión de aportaciones por una inversión próxima a 1 millón de euros en subvenciones a una veintena de concellos, entidades económicas, sociales y deportivas, dentro de una orden del día en la que también figuraba la aprobación de las bases del XVIII premio de narración e ilustración Pura y Dora Vázquez.
ONDA CERO RADIO
Cada tarde de venres saímos de viaxe en Onda Cero Galicia. Convidamos a Lucía Baballa para falar sobre o seu blog de viaxes, visitamos o Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo, conversamos con Álex Regueiro, editor da revista Coralia, revista especializada en tendencias que hoxe nos falará sobre viaxes.
DERRUBANDO MUROS
A revista Coralia plasma nunha ampla reportaxe as claves do proxecto de arte urbana de Carballo, sinalando a vila como un dos destinos de 2021. Nun número que dedica a destacar os mellores plans para percorrer Galicia ao longo deste ano que acaba de comezar, Carballo ocupa un lugar preeminente como un museo ao aire libre que hai que visitar, gozar e percorrer con calma.
RADIO GALEGA
Participación radiofónica no programa “Convivir” na Radio Galega o día 27 de abril de 2021, coa intervención do editor e director da revista Coralia, Álex Regueiro.
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»