•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

Relata para un incendio esta fin de semana no salón teatro de Compostela

150 150 CORALIA

Relata para un incendio esta fin de semana no salón teatro de Compostela

A compañía de teatro aAntena estará na no Salón Teatro de Compostela o 13 e 14 de Xaneiro, ás 20:00 horas co espectáculo Relato para un incendio, de Ernesto Is. 

aAntena tras gañar a segunda fase da «Bolsa de Dramaturxia e Creación» impulsada pola Xunta presenta esta coprodución co Centro Dramático Galego.
 
 
RELATO PARA UN INCENDIO
 
«Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha galega queira reducila a cinsas?»
 
Relato para un incendio de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes:
 
Os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016 , todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país.
 
 
A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva.
 
Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes: Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, baixo a dirección de Xosé Leis, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada «Pirómana de Cerceda». 
 
Unha deriva onde acompañan os nosos ollos a un pasado recente dando vida ás veciñas e veciños da comarca de Ordes aos que entrevistou o antropólogo, recuperando e homenaxeando a esas 
persoas que conteñen a nosa memoria de tradición, mitos e rituais. Compoñendo as personaxes a partires das gravacións reais arquivadas no Museo do Pobo Galego.
 
 
Un cuestionamento dos métodos creativos doutro danés creador que usou a figura da muller nos seus filmes como imaxe central e que plantexaba unha procura dos obxectivos do plano por riba da saúde e integridade das súas interpretes, sendo levadas a situacións límite na busca dunha verdade que quizais non xustificaba eses medios.
 
Unha reflexión sobre que foi o que levou a unha veciña a ser a única condenada polos catastróficos incendios do verán de 2016, sendo a única persoa con sentenza firme culpable polos feitos, aínda non chegando o seu mal facer ao 5% dos terreos queimados nese verán.
 
As bruxas, o lume, o castigo feminino como puntos fortes nos que apoiar unha posta en escena chea de audiovisual, recreación histórica, reflexión e humor.
 
 
FICHA TÉCNICA
 
Interpretes: Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez
 
Dirección: Xosé Leis
 
Espazo escénico: J. M. Faro «Coti»
 
Espazo sonoro: Xabier Romero
 
Vestiario: Mar Fraga
 
Deseño Gráfico: Alicia Baña
 
Produción: Bernardino Martínez
 
Distribución: Urdime
 
 
 
aAntena
 
aAntena naceu coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana. Unha compañía formada por Xosé Leis e Bernardino Martínez que xuntan os 
seus camiños no 2016. 
 
Establecendo dúas liñas claras de traballo:
Igualdade: promoción de proxectos que fomenten a xustiza social: espectáculos, festivais, obradoiros de Teatro Comunitario como As voces das mulleres.
 
Recuperación do noso patrimonio invisible: tradicións, recuperación de espazos singulares, persoeiros esvaecidos na historia, a nosa identidade como Naufraxios 
 
Facebook / Instagram: @aantenateatro
 
 
Relato para un incendio:

 

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido