•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

é tendencia

Nanube

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Nanube

A elegancia do equilibrio

Casamente unha década despois da súa fundación, a identidade atlántica de Nanube está a mudar a fisionomía de Compostela con espazos singulares, impregnados da elegancia do equilibrio.

O éxito dos seus proxectos apóiase na rigorosidade do seu traballo de deseño do espazo, de xestión e dirección de obra, e de deseño do equipamento. Baixo a dirección e supervisión da arquitecta e enxeñeira Xema Varela, o equipo de profesionais de Nanube busca sempre a excelencia, por iso o éxito acompaña todos os proxectos que pasan polas súas mans.

«Cada proxecto é novo, cada encarga é única, por iso non temos solucións tipo. Nin estamos suxeitos á unha idea estrita nin teimamos nunha liña creativa predeterminada».

«Hai xente que entende o deseño como unha actividade totalmente desvinculada do mundo da arte, pero nós pensamos ao contrario, entendendo que non só deben confluír, senón que deben ir da man en todo momento».

««Estamos moito no sitio, probamos todo, facemos maquetas e prototipos, pensamos moito en conxunto. É un xeito de traballar que nos parece moi práctico, estando a pé de obra».

  • Ramón Cabanillas, 6, 3ºb
    881 97 71 34 / 638 45 53 80
    www.nanube.com

  • De luns a venres.
    Con cita previa.

A liberdade e independencia creativa que caracteriza a Nanube fai do quilómetro cero o punto de partida de todas as súas obras. Como resume Xema: «Cada proxecto é novo, cada encarga é única, por iso non temos solucións tipo. Nin estamos suxeitos á unha idea estrita nin teimamos nunha liña creativa predeterminada».

O estudio achégase a cada novo cliente como se o fixera a un novo mundo por descubrir. Escoitar as súas necesidades, conversar e coñecer a súa idiosincrasia, e desentrañar os seus obxectivos e particularidades, son a base sobre a que se estruturará o seu proxecto de interiorismo, unha identidade única que deberá remarcarse en todas as fases do proceso.

Fiel a súa natureza creativa, Nanube practica a experimentación en cada unha das etapas dos seus proxectos. Por iso, un aspecto importante do seu xeito de traballar é probar ideas e solucións de maneira práctica. Un estilo que implica comprobar in situ que algo funciona, que se adecúa e que cumpre as funcións para o que foi concibido. Como aclara Varela: «Estamos moito no sitio, probamos todo, facemos maquetas e prototipos, pensamos moito en conxunto. É un xeito de traballar que nos parece moi práctico, estando a pé de obra».

No deseño de interiores, a profesionalidade do equipo é un factor que anticipa cal será o resultado. Cuestións como a optimización do tempo -en relación á tramitación da documentación para a execución da obra-, a correcta estruturación do orzamento -que elimine as desviacións e os imprevistos- e o deseño equilibrado -que faga dun espazo o lugar onde todo o mundo desexe estar- son claves no éxito de Nanube. «O que máis nos pide a xente -explica a directora do estudio- é que nos ocupemos de todo, porque quen está pensando en montar un negocio xa ten bastantes outras cousas das que ocuparse. O que contratan é seguridade. Queren ter a seguridade de que o interiorismo vai ter coherencia co resto, que lle poden confiar esa tarefa a alguén e que, ao facelo, van estar tranquilos».

«Hai xente que entende o deseño como unha actividade totalmente desvinculada do mundo da arte, pero nós pensamos ao contrario, entendendo que non só deben confluír, senón que deben ir da man en todo momento». Grazas á coherencia das súas solucións e á calidade dos seus acabados, empresas como Cyra-Hugo Boss, Abastos 2.0, Padel Compostela ou Emprendia confíanlle a Nanube o seu interiorismo.

En todas as intervencións de Nanube está presente a sutileza. Tamén a personalidade do cliente, cuxa esencia debe inspirar o traballo que se vai realizar. Para facelo realidade, Xema e o seu equipo afástanse de formulacións baseadas no impacto rápido ou en efectos invasores, proxectando espazos equilibrados nos que as propiedades sensoriais figuren en primeiro termo. «A madeira é sen dúbida o material máis atemporal que podemos escoller á hora de lle garantir unha gran durabilidade a un espazo e ao noso interiorismo, pero cada caso esixe solucións materiais únicas». De feito, Nanube crea obxectos, adornos e mobiliario que poder tocar, portadores de harmonía atlántica e da elegancia chea de matices da arte galega. Deseños creados coas mans para ser descubertos coas mans. «Crear cousas a man, crear obxectos artesáns é outro dos nosos aspectos máis característicos. Gústanos achegarlles aos detalles finais un toque especial, que os poña en relación coa nosa artesanía». Cada unha das súas pezas de mobiliario distínguese por procurar a simplicidade, sen que iso supoña renunciar á exploración doutras liñas de traballo máis barrocas. Pero en todos os casos, é o espazo o que determina o mobiliario, un conxunto de pezas que debe axudar a equilibrar os distintos factores que interveñen na xeración da atmosfera da área intervida. Por iso, para obter un éxito seguro, proxéctase en maquetas ata o máis mínimo detalle, incluíndo as cadeiras, as mesas e o resto do mobiliario, co obxectivo de atopar o complemento axeitado a cada espazo e poder pechar así o círculo perfecto dos proxectos firmados por Nanube.

«A nós preocúpanos ademais que as cousas sexan de usar e tirar, por iso defendemos que bo deseño é aquel que resiste ao paso do tempo. Os bos deseños de interiores son os que melloran co tempo, os que collen pátina!».

Contido extraído do número 5.

«Polo noso estudio transitan multitude de nubes -cóntanos Xema cun sorriso nos labios-; nubes grises, brancas, azuis ou amarelas; nubes que se cruzan e que ás veces se separan; nubes que se coñecen ou descoñecen; nubes que ás veces están ledas e outras non tanto!». Nanube é un rodopío de creatividade que acaba por converterse nunha nube florida, a que xorde cando se entra no período das conclusións, a que aparece cando as ideas se materializan e o proxecto acada o seu apoxeo.

Nanube reivindica para Compostela un lugar preeminente dentro do mundo do interiorismo, que faga da capital galega un dos centros neurálxicos da creatividade. Iso permitiría exportar máis deseño «feito en Galicia» e poñerlle freo á absorción de deseños propios de Dinamarca, Francia ou Italia. «A nós -reflexiona Xema-, preocúpanos ademais que as cousas sexan de usar e tirar, por iso defendemos que bo deseño é aquel que resiste ao paso do tempo. Os bos deseños de interiores son os que melloran co tempo, os que collen pátina!». De feito, para a personalización dos establecementos comerciais, o estudio acostuma tomar como base elementos de creadores locais que se converten no seu trazo distintivo, mentres que no fogar, o interiorismo de Nanube busca espazos flexíbeis libres de divisións. Unha idea que tamén está a revolucionar o concepto dos espazos de traballo, áreas nas que deberemos movernos máis libremente, para propiciar unha mellor comunicación entre os compañeiros e aumentar, de paso, a rendibilidade.

Convertendo as súas propostas en tendencia, a compostelá Nanube é xa unha referencia imprescindíbel do novo interiorismo atlántico, que vén de ser recoñecida co Premio Manuel Beiras á empresa cun uso continuado do galego por levar a lingua a un ámbito no que aínda ten escasa presenza e por facelo dun xeito coherente. «Para nós foi unha mostra de cariño -explica Xema. O galardón fíxonos sentir que estabamos integrados na cidade, que a túa cidade sabe que existes e que sabe que podes ter algo que achegarlle».

Queres ollar outros contidos relevantes?

Hotel Moure

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Hotel Moure

Fóra do convencional

Hai unha nova Compostela que sorprende e marabilla a propios e alleos. Unha capital na que se abre paso a sofisticación dunha arquitectura de vangarda que, lonxe de mimetizarse coa cidade vella, a renova e lle dá contemporaneidade. O hotel boutique Moure representa o paradigma da grande arquitectura posta ao servizo do benestar das persoas.

«Please, do it yourself» é un principio angular da política comercial do Hotel Moure, unha visión refrescante da hospedaxe, que contraría o concepto do luxo vinculado aos servizos esmerados e defende a liberdade máxima no uso e deleite das instalacións, dos espazos e dos servizos por parte dos hóspedes.

Semella lóxico que entre os seus clientes –moitos deles estranxeiros– abunden as persoas con inquedanzas en relación ás novas tendencias e o deseño, que foxen do convencional e aprecian orixinalidade e ubicación por igual.

Cada unha das quince habitacións do hotel posúe a súa propia identidade, incluíndo solucións de confort e deseño orixinais, que van desde a forma en que a luz natural entra no baño ata os propios cabeceiros das camas, e que se perciben en multitude de pequenos detalles, como nas perchas, exclusivas do hotel.

A singularidade do Moure fai da hora do baño un auténtico divertimento, ao ofrecernos a posibilidade de darnos un baño romano nunha bañeira redonda baixo unha entrada cenital de luz natural, ou de facelo gozando das vistas panorámicas da cidade e o Pedroso, de refrescarnos nunha ventá balcón, ou de facelo entre os muros de pedra e hedras do patio exterior.

A zona social é un espazo aberto e dinámico que fusiona madeira, pedra, formigón e cristal, e na que o sonido da auga ten unha presenza constante. Todos os hóspedes gozan neste espazo común de cociña aberta, honesty bar, coffee shop, prensa e ordenadores gratuítos; así como dunha atmosfera que cambia co paso das horas e, que se ao atardecer invita ao descanso e o relax, pola mañá nos empurra a gozar do día en plenitude.

Contido extraído do número 1.

  • Rúa dos Loureiros, 6
    981 58 36 37
    www.mourehotel.com

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido