•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

nanube

FITUR

150 150 CORALIA

Coincidindo coa saída do número 15 da revista, vimos de presentar unha edición especial de Coralia, coa que agasallar aos visitantes do stand institucional de Galicia na Feria Internacional del Turismo de Madrid. A súa presentación nas Adegas Méndez-Rojo de Chantada o pasado sábado 11 de xaneiro foi todo un acontecemento, no que autoridades de diferentes eidos quixeron festexar connosco a saída desta edición tan especial.

Crónica de FRED IGLESIAS I Fotografías de MARÍA DE LA FUENTE SEOANE

Hai tres meses desfrutamos dunha experiencia absolutamente máxica nas chantadinas adegas Vía Romana (A Ermida, Belesar). Foi unha intensa xornada de vendima heroica na deliciosa compaña de Lucía Pérez, a quen fotografamos e entrevistamos no corazón dunha Ribeira Sacra atestada de verdes e púrpuras, nun luns de outono no que o sol brillaba con intensidade e as nespras ían e viñan a centos seguindo o doce arrecendo da uva madurada. Foi un día perfecto, tanto que cando o equipo estudaba os posibles emprazamentos para a presentación do número que ía ir a Fitur, todos e todas tivemos claro que non podería haber mellor escenario que as adegas da familia Méndez-Rojo, onde nos recibiran cos brazos abertos e todo foran facilidades. Sabiamos que regresando a Chantada viviriamos un día inesquecible e que quen acudira á nosa chamada o sábado 11 de xaneiro volvería a casa co mellor sabor de boca e desexando regresar o antes posible á Ribeira Sacra. Pola nosa parte, só podemos dicir que o afecto, a capacidade organizativa e a xenerosidade de Juan Luis Méndez-Rojo e do seu equipo -do que non podemos deixar de mencionar a  Jimena Santalices e a Dioniso Oseira-, superou amplamente as nosas expectativas. Grazas!

Casiano Fernández, Sara Inés Vega e Lucía Pérez

Cecilia Pereira e José Manuel Balseiro Orol

Román Rodríguez e Juan Luis Méndez-Rojo

Román Rodríguez e Ana Pastor

Para presentar o número de Fitur contamos coa mellor compaña:
Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados; Carmen Pomar, conselleira de Educación; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Borja Verea Fraiz, secretario xeral de Economía; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta en Lugo; Mª José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Cultura e alcaldesa de Guntín; Elena Candia, alcadesa de Mondoñedo; Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas; Manuel Varela, alcalde de Chantada; Luis Fernández, alcalde de Sober; Héctor Corujo, alcalde do Incio; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo21; Iria Otero, concelleira de Turismo do Concello de Teo, ou Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Vigo. 

Luis Fernández Guitián, Manuel Varela, Román Rodríguez, Ana Pastor, Juan Luis Méndez-Rojo, José Luis Álvarez, José Manuel Balseiro Orol, Mª José Gómez Rodríguez e Héctor Corujo

Foi unha honra contar coa súa presenza, como o foi ter a compaña de Suso do DezaseisLucía PérezJorge Mira, Budiño, Elena Salgado, Vizcaíno, María Solar, Jaime Pérez, Prado Loureiro, Yessenia Guerrero, Manuel Carrete, Alberto Ribas, Carmen Lago, Katuxa Platero, Isabel Patiño, Airas Moniz, Xema Varela, Dolche peluqueros, Paula Cabaleiro, María Caldelas, Rodrigo Mosquera, Mercedes Vázquez, Bea Barril, Yago López Cabanas, Ángel Souto, Patricia Jack, José Antonio Vázquez e todas os amigos e amigas que celebraron connosco a chegada da Edición Fitur de Coralia.
Aos uns e aos outros queremos darvos as grazas por tanto afecto e por tanto calor.

Suso do Dezaseis e Álex Regueiro

Fred Iglesias e Álex Regueiro

Fred Iglesias e Iria Otero

Actuou como mestre de cerimonias Álex Regueiro, director de comunicación de Miranda Priestly, empresa editora da revista Coralia, que quixo dar as grazas a todas e todos os que nos axudan a medrar e tiran de nós -como é o caso de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, e Suso do Dezaseis-, e a todos os que lle fixeron un oco na súa axenda e no seu corazón a Coralia.

Ana Pastor, Manuel Varela e Álex Regueiro

Chegaron a continuación as intervencións máis agardadas, que abriu Manuel Varela, alcalde de Chantada, á que seguiron a de Juan Luis Méndez-Rojo, o anfitrión do evento, a do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez (que é entrevistado neste número), e a de Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, cuxa presenza nas adegas foi gardada en segredo ata o último momento, e cuxa accesibilidade e profundo coñecemento da realidade da comarca cativou aos presentes. Todos coincidiron en facer unha apaixonada defensa da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e referir todas as marabillas que garda Chantada e toda a súa área de influencia. E todos foron xenerosísimos con Coralia e coa súa perspectiva do ser e o sentir galego.

Juan Luis Méndez-Rojo, Román Rodríguez, Ana Pastor e Manuel Varela

Igual de xenerosa foi Lucía Pérez, protagonista da portada deste número, que puxo o broche de ouro ao acto coa súa sensibilidade, dozura e beleza. Cativounos coa súa autenticidade e emocionounos a carón de Vizcaíno, dándolle voz á terra e á montaña.

Lucía Pérez e Vizcaíno

E, despois de tantos instantes únicos que gardar no álbum de Coralia, brindamos e brindamos e volvemos brindar polos noso anfitrións, pola Ribeira Sacra e polo éxito en Fitur. Brindamos cos viños que non entenden de présas: os soberbios VR BarricaVía Romana Godello, Vía Romana Mencía e Vía Romana Rosado. Ademais, Galicia Calidade agasallounos cunha magnífica selección de queixos de Anzuxao, embutidos de Torre de Núñez, melindres da Tahona de Melide e conservas de Luis Escurís Batalla, unhas delicias que foron excelentemente acollidas polos asistentes; como tamén o foron os impresionantes xeados de La Central Heladera, cuxas mesturas, presentación e variedade de sabores nos deixaron sen palabras.

Todos os que facemos a revista agardamos que a Edición de Coralia para Fitur sexa do voso agrado, e faríanos moi, moi felices que nalgunha das súas páxinas recoñecerades a Galicia que tanto amades e que tanto amamos.

Valentín García Gómez e Marta Lucio

Budiño e Elena Salgado

Juan Luis Méndez-Rojo, Jimena Santalices, Cecilia Pereira, Dionisio Oseira e Jorge Mira

Grazas a todas e a todos.

Rosa Illodo

Tamén é actualidade en Coralia:

A festa do outono

150 150 CORALIA

Entre lusco e fusco, embriagados polo doce arrecendo das mazas en sazón e aloumiñados polo delicioso repenique da súa fonte central, o máxico xardín do hotel terraza Costa Vella luciu todo o seu esplendor para acoller a presentación do noso número de outono.

Crónica de LAURA CIENFUEGOS I Fotografías de MARÍA DE LA FUENTE SEOANE

O equipo de profesionais que fai posible a revista quería festexar catro anos alucinantes e agradecer ás persoas, empresas e institucións que colaboran con nós o seu apoio e confianza. O Costa Vella e José Antonio Liñares, os nosos anfitrións, foron a mellor das eleccións posibles. De feito, escollemos a data do 2 de outubro, por ser a xornada no que o emblemático establecemento compostelán -que acollía por terceira vez unha presentación da revista- cumpría vinte anos da súa apertura.

Para descubrir esta nova Coralia, achegáronse bos amigos e amigas, grandes empresarios e altas autoridades que cren e apoian a nosa publicación. Grazas a todas e a todos!

Foi un pracer desfrutar da compaña do Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo;  do subdirector xeral de ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Juan Carlos Varela Vázquez; do secretario xeral técnico da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén Barcala; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; da concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa; da concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón; da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; ou do xefe do gabinete da conselleira de Educación, José Antonio Vázquez.

Foron moitos os persoeiros que se achegaron até a rúa da Pena para brindar pola nova andaina que comeza Coralia. Alí vimos a Xosé Manuel Budiño, a Elena Salgado, a Lucía Pérez, a Diana Nogueira, a Vizcaino, a María Solar, a Helena Villar Janeiro, a Xesús Rábade, a Encarna Otero Cepeda, a Delmiro Prieto, a Susi Gesto, a Katuxa Platero, a Edu Valiña, a Monica Mura, a Isaac Castelo, a Susan Alejandra Toro, a Manuel Carrete, a Alberto Ribas, a Xema Varela, a Isabel Patiño, a Jacobo Bugarín, a Manuel Moledo e a Gloria Rico, entre outros.

Ao seu carón, atopamos aos empresarios Pablo Lodeiros (Bodegas Lodeiros), Natalia Palmou (70 Mandarinas), Cristina Doel (Catrineta), Ana Porto (Maravalla), Beti López (Boles Galicia), Carmen Rabuñal e Álex Sande (Ámboa), Carmela Valiño e Marta Álvarez (Muuhlloa), Carlos Martínez Vidal (Wrong Shop), Elias Rozas (Pedra Salgada) ou Marta Rabuñal (A Gramola).

Co de outono chegamos ao noso número 14, que vén cheo de novidades -como xa intuíamos tres meses atrás-. Cumprir 14 supón cambios e tamén un marabilloso reto, pois, a partir de agora a nosa revista faise máis grande, poñendo en valor á súa singularidade editorial, independencia creativa e curiosidade sen límites. Coralia quere estrear emocións, contidos e espazos, poñendo en cada número o foco no que hai de novo neste noso ‘País das Marabillas’.

Co 14 principiamos un curso que nos vai cambiar para sempre. E para inaugurar curso por todo o alto contamos coa máis alta autoridade na materia, a conselleira Carmen Pomar, que nos dedicou fermosas palabras durante o acto de presentación e é protagonista do número xunto ao escritor Manuel Rivas, a curadora Paula Cabaleiro ou o piragüista Adrián Mosquera, a quen levamos á portada da revista, por representar todo o que Coralia é e quere ser.

Foi unha festa. Unha festa de verdade. Na que se conversou, riu e bailou. Unha festa na que Os da Porfía encheron o xardín de música e cantos, e nos emocionaron ca súa arte e a súa autenticidade. Unha festa na que triunfaron o mencía de Vía Romana, as deliciosas especialidades de Pan da Moa e os cócteles e vermús de Lodeiros.

Grazas a todos e a todas por facer irrepetible este outono.

Tamén é actualidade en Coralia:

Coralia en verán

150 150 CORALIA

Entre bambú e xasmín, na idílica terraza do Hotel San Miguel presentouse o novo número de Coralia, unha revista dedicada ao verán e ás súas festas. E como non podía ser de outra forma, os amigos e as amigas ateigaron este fermoso recuncho demostrando que a familia de Coralia medra número a número.

Crónica e imaxes de MATEO CODESIDO

O pasado día 1 presentouse o número de verán de Coralia. O escenario era perfecto para unha presentación ao aire libre, a pesar das nubes ameazantes e do norte  que fixeron ás chaquetas protagonistas. Momentos antes de chegar os asistentes, Budiño probaba o son, enmarcado pola descomunal portada número 13, até deter o paso do tempo. Coas guitarras xa afinadas, o mestre do vento aclarou a súa voz cun té con limón mentres confesaba que para el todo isto de cantar era novo. «Aínda estou aprendendo» afirmaba cun sorriso transparente mentres o seu compañeiro de actuación, Brais Morán, dicía entre risos, «se ti es o que estás aprendendo, non sei como estaremos os demais».

A xente foi chegando e a exuberante terraciña do Solleiros quedouse pequena para unha gran xuntanza de amigos na que non faltaron saúdos efusivos, reencontros e gargalladas. Estiveron con nós moitas autoridades municipais: Gonzalo Muíños (quen interveu no acto), Mila Castro e Mercedes Rosón, do PsdeG, Martiño Noriega e Jorge Duarte, de Compostela Aberta ou Goretti Sanmartín, do BNG. Tamén nos acompañaron altos representantes do goberno autonómico como a conselleira de Educación, Carmen Pomar, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez Abeal, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa ou a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Todos gozaron desta festa como amigos que son de Coralia. Canda eles estaban persoeiros como Charo Froján, directora artística de D-Due, Carmen Fernández, decana da Facultade de Educación, a activista cultural Pilar Sampedro, os creadores Xema Varela, Rosa FigueroaKatuxa PlateroMónica Mura e Edu Valiña, a editora Isabel Patiño ou, entre outros moitos, a profesora Concha Fernández e a xornalista Tareixa Navaza. Empresarios de éxito como Lucía Freitas, Cyra Calvo, Chus Moure, Manuel Moscoso, Álex Sande, Carmen Rabuñal ou Delmiro Prieto tamén fixeron un oco na súa axenda á presentación da revista. Dar conta de toda a xente especial que alí se congregou é unha tarefa imposíbel, pois por sorte os eventos de Coralia hai tempo que representan datas sinaladas do calendario.

Non imos negar que nos encheu de ledicia contar coa compaña de Margarita Ledo, Tino Martínez, María Solar e Encarna Otero, que xa foron portada da revista e son parte desta gran familia que é Coralia.

Por terceira vez, entregamos as Peneiras, xentileza de Tórculo -ao igual que o fondo do escenario-, cuxos gañadores foron elixidos polas lectoras e lectores da revista a través do noso Facebook. Estes son gañadores da primavera:

Parque de Bonaval
A nosa zona verde favorita
Entrega Beti López
Recolle Mila Castro

Restaurante San Clemente
O establecemento co mellor aperitivo da cidade
Entrega Chus Moure
Recolle Emilia Vázquez Losada

San Pedro
A nosa rúa favorita para irmos de compras
Entrega Katuxa Platero
Recolle Mercedes Rosón

Bodeguilla de Santa Marta
A cociña máis creativa de Compostela
Entrega Pablo Couceiro
Recolle Jose Míguez

Bico de Xeado
O mellor xeado da cidade
Entrega Budiño
Recolle José María Calo Faraldo

Xosé A. Sánchez Bugallo
O máis votado para a alcaldía de Santiago
Entrega Vítor Belho
Recolle Mercedes Rosón

Martiño Noriega
O máis votado para a alcaldía de Compostela
Entrega Vítor Belho
Recolle Martiño Noriega

Suso do Dezaseis
O número 1 do portal coralia.gal
Entrega Jacobo Bermejo
Recolle Alba Belho

E ao fin chegou o momento máis agardado: o showcase de Budiño a dúo. Xosé Manuel, na compaña de Brais Morán, abraiou aos asistentes coa súa fermosa voz presentando varios temas de Fulgor, o seu traballo máis recente. Por certo, todos os discos postos á venda para recadar fondos para o Refuxio de Bando voaron, así que se o queredes escoitar bulide a mercalo. Paga verdadeiramente a pena.

O acto rematou como debe rematar unha xuntanza de amigos, con risos, unha copa de bo viño e uns petiscos xentileza do espazo gastronómico Solleiros e Pan da Moa.

A xuntanza prolongouse durante horas até que as obrigas deixaron as conversas en suspenso -quizais até a festa do outono-. Nunha noite de verán tipicamente compostelá as estrelas volveron brillar intensamente. Grazas!

Tamén é actualidade en Coralia:

Coralia en primavera

150 150 CORALIA

O número de primavera de Coralia presentábase este martes, 26 de marzo, no templo da cultura compostelá, a Libraria Couceiro, que este ano cumpre medio século de vida. Personalidades, autoridades e representantes do mundo da política, a cultura ou o comercio acudiron a unha cita que precisou de máis espazo para dar cabida á grande afluencia de amizades que quixeron acompañarnos.

Crónica e fotografías de MATEO CODESIDO

Cheguei pasadas as sete e media á Libraria Couceiro. «Que lugar máis apropiado para a presentación!», foi o primeiro que pensei. No corazón da Praza de Cervantes, emblema do comercio compostelán, preséntase unha revista dedicada ao comercio. Todo ben.

Non puiden ter un recibimento mellor. Xesús Couceiro en persoa e o seu fillo Pablo déronme a benvida e indicáronme amabelmente que o evento se celebraría no segundo andar. Ao ser a libraría máis antiga de Compostela non contaba con el, pero ao chegar arriba decateime de que había ascensor; unha libraría adaptada e accesible. Eu, que podo, subín as escaleiras gozando da maxia de cada espazo.

No camiño atopei a Valeria Pereiras, redactora xefa da revista e, hoxe tamén, anfitrioa. Apenas cinco ou seis persoas agardaban a chegada dos asistentes. Entre elas Álex e Alfredo, entre impacientes e expectantes. Axiña foron chegando os primeiros asistentes. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega e a candidata do BNG e vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, foron as primeiras autoridades en facer acto de presenza. Representantes do Goberno galego, como a conselleira de Educación Carmen Pomar e o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, os candidatos á alcaldía do PP e Compromiso por Galicia, Agustín Hernández e Xoan Bascuas, a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e moitas outras persoas convidadas foron enchendo o segundo piso de Couceiro de saúdos, bicos, apertas, risos e a sensación de que estaban nun evento que apetecía. Como a cea de Nadal cando levas moito tempo sen comer marisco. A xente tíñalle ganas.

Cando me din conta, as cadeiras estaban todas ocupadas, e a xente ateigaba as escaleiras tanto de subida como de baixada, coma paxariños nas pólas dunha carballeira. Coralia non quixo demorar e arrincou a presentación, incluída a actuación de Falua. Mentres gozabamos da súa fermosa música, apareceu Encarna Otero, a protagonista da capa, que chegaba tarde doutro evento –«a maxia de Compostela», dixo, «tantos eventos e cousas interesantes»–. Entrevistada por Valeria Pereiras para este número 12 da revista Encarna Otero, exprofesora de Álex e Alfredo, é a personificación do amor incondicional por Compostela, unha muller comprometida pensando constantemente en como mellorar a vida da cidadanía de Santiago.

Os risos compartidos e as sorpresas dominaron a presentación. Non foi un «yo he venido aquí a hablar de mi libro». As anécdotas, o dinamismo e o humor irreverente co que acostuman encandear Álex e Alfredo foron a tónica do evento. Di que si. Xa está ben de tanto discurso politicamente correcto. Tamén houbo tempo para reivindicar e mandar algunha indirecta. Nalgún momento víase baixar algunha cabeza como cando na escola che mandaban corrixir un exercicio e ti non o tiñas feito. Mais, ao final, o sorriso foi unánime.

Presentación Coralia primavera

Encarna foi a encargada de descubrir a capa da revista. Despois do «Ooooooh!» xeneralizado a sala arrincou en aplausos contemplando a ilustración de Encarna Otero realizada polo director de arte da publicación.

E o gran momento da noite produciuse coa entrega das peneiras. Eses distintivos cos que as lectoras e os lectores de Coralia elixen a «crème de la crème» da cidade. Desta vez os galardóns eran ben xeitosos. Patrocinounos Tórculo. Descoñecía eu que fixeran ese tipo de traballos.

A peneira de Coralia
Tórculo Mazarelos
Máis información aquí
Telf. 981 806 528

Parque da Alameda
O lugar máis romántico de Compostela
Entrega Ana Portals —do espazo gastronómico Solleiros—
Recolle Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Santiago

O Dezaseis
O favorito para ir de viños
Entrega Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia
Recolle Esteban Vázquez

Praia de Compostela (Vilagarcía)
A praia de Compostela
Entrega Cristina Doel, de Catrineta
Recolle Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística

San Clemente
A mellor tapa
Entrega Elías Rozas, de Compostela Campers
Recolle Juan Ramón Vidal

A peneira de Coralia

Pub Momo
O pub máis enxebre
Entrega Eva Cividanes, de Queroté
Recolle Begoña, do pub Momo

Merlín e familia
A artesanía máis auténtica
Entrega Rita Sobrado, vicepresidenta da Asociación Hostelería Compostela
Recolle Patricia, de Merlín e familia

Casa das Crechas
O local con máis marcha
Entrega Óscar de Toro, de Café Venecia
Recolle Esteban Vázquez

Coas peneiras entregadas, Falua cerrou o acto e todo o mundo se dispuxo a recoller un exemplar da revista.

Coma sempre, a presentación non defraudou. Detrás dun acto coma este hai sempre unha maneira diferente de facer e contar as cousas.

Foi a primeira vez que acudía desde que son parte de Miranda Priestly, empresa editora da revista, e para min supuxo toda unha experiencia. O mesmo habería que ir reservando data e modelo para a presentación do número de verán porque vai ser boa! Prometido.

Coralia na libraria Couceiro

Tamén é actualidade en Coralia:

A cidade con música

150 150 CORALIA

A cidade con música

Por PILAR SAMPEDRO

Hai obxectos que conteñen unha carga de ilusión. Cando os miramos ou os collemos nas mans, vén a nós a maxia dos tempos nos que os vimos por primeira vez. Como as bolas de vidro que, cando as movemos, deixan caer a neve sobre as paisaxes de inverno; ou as caixas de música que, ao abrilas, nos sorprenden cunha melodía.

Compostela ten algo de caixa de música. Unha música propia que, ao tempo, as recolle todas. Vexamos…

Unha vez houbo un concerto de campás. Daquela sentimos que todo o granito se estremecía mentres pisabamos o lousado. Pasear escoitando un concerto. Foi só unha vez, pero como fixeron antes as campás das igrexas da cidade (que chaman santa) seguen a tocar, cada unha co seu son, e sobre todas elas: a Berenguela, que non se inmuta polas manifestacións ou actuacións musicais na Quintana… Ela nunca para de dar as horas, todas as horas do día e da noite.

Unha vez houbo un concerto de campás. Daquela sentimos que todo o granito se estremecía mentres pisabamos o lousado. Pasear escoitando un concerto. Foi só unha vez, pero como fixeron antes as campás das igrexas da cidade (que chaman santa) seguen a tocar, cada unha co seu son, e sobre todas elas: a Berenguela, que non se inmuta polas manifestacións ou actuacións musicais na Quintana...

No Obradoiro tamén se escoita a tuna, convertida xa en algo turístico, que sae directamente da Casa da Troia para falarnos dun tempo de estudantes e unha novela de amoríos. Dicía Luís Seoane -nunha entrevista que Freixanes recollía en Unha ducia de galegos- que eles eran os estudantes anti Casa da Troia, falando dese outro estudantado que estaba plantando as raíces no país. A tuna continúa...

Por veces, a cima da Vía Sacra é visitada polo noso folclore, e gaita e tambores acompañan pasos de baile que xorden de forma natural, igual que na rúa de San Pedro, ese camiño francés que entra como unha vena cara á muralla invisíbel.

As melodías envolven a cidade acompañándoa polas rúas. Hai lugares, case máxicos, como o arco de Xelmírez que amplifica os sons das gaitas ou das arias, do pop ou o indie,… que fala dunha Compostela na que caben todos os ritmos e músicas. No Obradoiro tamén se escoita a tuna, convertida xa en algo turístico, que sae directamente da Casa da Troia para falarnos dun tempo de estudantes e unha novela de amoríos. Dicía Luís Seoane -nunha entrevista que Freixanes recollía en Unha ducia de galegos– que eles eran os estudantes anti Casa da Troia, falando dese outro estudantado que estaba plantando as raíces no país. A tuna continúa… No 2017 comezaron a facerse unhas rutas que desembocan nese museo da Casa da Troia, conducidas por tunos e figurantes que vas atopando por diferentes lugares, entre os que destaca a Alameda. A súa é unha música que habitualmente soa cara á tardiña nos baixos de Raxoi, onde os tunos se ven rodeados de visitantes que senten a nostalxia dos tempos de «Clavelitos» y los libros/ y los libros empeñados/ en el Monte/ en el Monte de Piedad… que alá foron. Falando da Alameda e os paseos escoitando música, moitas lembramos os concertos da banda os domingos pola mañá no palco do parque, os encontros e o xornal; de aí, pasaron ao Principal e a praza das Praterías… Unha cidade con banda! E tamén con Real Filharmonía, con sede e concerto cada xoves no Auditorio de Galicia, outro lugar de escoita e encontro. Nos últimos tempos a orquestra toca tamén nos barrios achegando a súa música aos veciños, igual que fai nos concertos didácticos para os escolares ou nas presentacións-encontros que anticipan os concertos. Pero sigamos coas rúas, que tamén teñen música propia. É polo casco histórico por onde a canción de autor acostuma moverse: polas Orfas, a Caldeirería ou a rúa do Vilar pode escoitarse a guitarra que acompaña a voz solitaria. Entre o Obradoiro e Fonseca están os gongs budistas, que semellan chamar á meditación, ou a arpa dun clásico ao que todo Compostela coñece e escoita como arranca cantos de paxaros das cordas. Pequenos grupos de cámara de música clásica, músicos de orquestra que percorren camiños até dar con metas dun ou outro tipo. Por veces, a cima da Vía Sacra é visitada polo noso folclore, e gaita e tambores acompañan pasos de baile que xorden de forma natural, igual que na rúa de San Pedro, ese camiño francés que entra como unha vena cara á muralla invisíbel.

Diferentes festivais que ocuparon e ocupan as igrexas como Músicas Contemplativas ou Via Stellae, os ciclos de Lied no Teatro Principal, as Xornadas de Música Contemporánea no CGAC… Cando a catedral abre de noite, para recibirnos con chirimías ou o órgano; cando podemos escoitar coros e músicos, como sucedeu ese ano con Carlos Núñez e Amancio Prada, semella que a cidade aínda e máis hospitalaria e xenerosa. Diferentes locais que acollen música, soa ou acompañada de copa, entre os que habería que destacar o Dado Dadá (unha sala de jazz con historia e presente que moitos relacionan co Café Central de Madrid), a Borriquita de Belém ou o Modus Vivendi, por citar algúns.

Escolas de música e conservatorios de todo tipo, escolas de baile de diferentes estilos -algunhas delas de bailes latinos facéndose donos dos corpos-, pero tamén, Cantigas e Agarimos, as escolas de música galega que preparan a xente de todas as idades para bailar, cantar e tocar o noso, o que nos distingue, unha riqueza patrimonial que podermos achegar ao mundo.

Si, Compostela é unha Babel porque as voces que escoitas polas rúas, con música ou sen ela, son variadas e converten a cidade nunha ONU informal que recolle ritmos e palabras de todas as nacións que nos acompañan. Unha caixa de música.

Aquí tes máis contidos relevantes:

Os risos da nenez

Por ENCARNA OTERO CEPEDA

Niké

Por ANXO RABUÑAL

Apoteose da chafallada

Por PEPE SENDÓN

Compostela futura na miña memoria

150 150 CORALIA

Compostela futura na miña memoria

Por XEMA VARELA

Nanube

A maioría de nós, cando visitamos outras cidades, reservamos algún tempo para pasear polas rúas comerciais. Atráenos sentir o seu ritmo e perdernos no ir e vir de xente, no seu exceso de luz. Catívannos os escaparates coidados e os locais ben arranxados, e a miúdo albergamos a esperanza de atopar algún tesouro que nos faga sentir especiais. En ocasións, eses tesouros son obxectos, pero moitas veces son achados: a descuberta dun espazo que namora. Pode ser un local que cativa, o descubrimento dun formato orixinal ou simplemente un pequeno detalle que nos esperta un sorriso. Unha desas experiencias que estás desexando contar ao volver: sabedes que en tal cidade hai unha tenda na que todo é azul? O interese co que se recibe a nosa revelación é un bo indicador de canto desexamos todos vivir e compartir momentos memorábeis.

A maioría de nós, cando visitamos outras cidades, reservamos algún tempo para pasear polas rúas comerciais. Atráenos sentir o seu ritmo e perdernos no ir e vir de xente, no seu exceso de luz. Catívannos os escaparates coidados e os locais ben arranxados, e a miúdo albergamos a esperanza de atopar algún tesouro que nos faga sentir especiais.

Ao igual que pode acontecer nos mellores matrimonios, ás veces pensamos que na nosa cidade a fascinación polos seus comercios xa non existe. Pero a realidade demostra o contrario. Agrádanos atopar tesouros coñecidos e seguimos recibindo con entusiasmo as novas propostas comerciais.

Ata agora a expansión do comercio tense apoiado en directrices estéticas que lles permitían ás empresas reducir os custos sen ter que adaptar os seus espazos a cada xeografía. Era un efecto uniformizador que arrastrou o pequeno comercio a seguir unha serie de liñas mestras consideradas referentes do bo gusto. Fronte a esta homoxeneización crecente, a día de hoxe, a autenticidade eríxese como valor en alza, primando o local fronte ao global e a pequena escala fronte á produción masiva.

Ao igual que pode acontecer nos mellores matrimonios, ás veces pensamos que na nosa cidade a fascinación polos seus comercios xa non existe. Pero a realidade demostra o contrario. Agrádanos atopar tesouros coñecidos e seguimos recibindo con entusiasmo as novas propostas comerciais. De feito, cando os comercios están pechados sentimos que falla vida nas nosas rúas porque hai locais que espertan o noso orgullo ata o punto de sentir que Compostela sen eles non nos parecería a mesma.

Hai comercios que están indisolubelmente unidos á cidade e que nos axudan a entendela e a querela. E é precisamente porque os locais comerciais definen a identidade dunha cidade, tanto cando menos como os edificios nos que se asentan, polo que constitúen un capítulo importante da súa arquitectura e planificación urbana. Por iso, unha evolución urbana en positivo vai requirir que o comercio sexa capaz de adaptarse ás transformacións sociais en marcha, sabendo que as penalizacións por chegar tarde serán cada vez maiores.

Desde o meu punto de vista, para poder entender o momento actual é preciso reparar en tres grandes cambios que xa comezan a albiscarse, cambios que están vinculados entre si pola cada vez maior necesidade de recuperar e de crear Memoria.

Ata agora a expansión do comercio tense apoiado en directrices estéticas que lles permitían ás empresas reducir os custos sen ter que adaptar os seus espazos a cada xeografía. Era un efecto uniformizador que arrastrou o pequeno comercio a seguir unha serie de liñas mestras consideradas referentes do bo gusto. Fronte a esta homoxeneización crecente, a día de hoxe, a autenticidade eríxese como valor en alza, primando o local fronte ao global e a pequena escala fronte á produción masiva.

Neste novo tempo, o deseño dun local comercial implicará unha personalización integral xunto á incorporación de elementos propios e específicos de cada cidade, e reservaralle á arte un papel moi relevante. Diante desta situación, á iniciativa privada correspóndelle asumir o cambio de mentalidade e aos axentes públicos, axudar a definir e divulgar, con actitudes abertas e flexíbeis, os trazos distintivos da personalidade comercial da cidade. 

Nas rúas debería comezar a apreciarse certa harmonía de conxunto e tamén esa graza que desprenden as cousas feitas con esmero. Así calquera persoa podería enumerar os trazos máis distintivos da paisaxe comercial da cidade.

Xunto ao anterior, hai que ter en conta o auxe dos modelos de negocio low cost. A crise económica axudou a impulsalos e os casos de éxito favoreceron que moitos emprendedores decidiran adoptar este padrón. Os problemas xorden cando as empresas se apropian da filosofía do baixo custo desde perspectivas erróneas, entendendo que o único segredo é vender barato e escatimar en todo (locais mal acondicionados, servizo deficiente, produto pobre, etc.); ou incluso, cando empresas que non pretenden ofrecer produtos ou servizos a baixo custo, optan, por exemplo, por non investir no acondicionamento do local «porque se o de baixo custo non gastou e lle vai ben…». Co aumento exponencial do nivel de esixencia da xente, tenderase a rexeitar estes formatos e é previsíbel que só sobreviva o modelo low cost de calidade. Así, a partir de agora, cando se queira abrir ou remodelar un local comercial, haberá que pensar en ser fieis á cidade na que se atopa e, aínda que nos sorprenda, será moi importante pensar en facer Historia.

Efectivamente, se imos abrir unha zapataría ou unha cafetaría ou calquera outro tipo de negocio, haberá que pensar no que lle imos achegar á cidade e de que forma contribuiremos a facer Historia. Como antes, cando había poucos comercios e cada un deles tiña esa vontade de perdurar e ser a farmacia, a libraría ou a sombreiraría de Compostela. Incluso, se o que se pretende promover é algo efémero, o logro será permanecer durante longo tempo na memoria.

Por último, cos cambios na composición social das cidades, con roles máis activos e máis plurais das mulleres, e coa maior diversidade étnica, imos asistir a un enriquecemento dos ideais estéticos predominantes que non tardará en facerse visíbel nos comercios. Seguirán vixentes os valores vinculados á forza e ao raciocinio, pero prevalecerán a sensualidade, a delicadeza ou a imperfección. 

Estéticas cunha presenza impoñente deberán complementarse con outras características que as volvan accesíbeis e incluso vulnerábeis. 

Presenciaremos, polo tanto, toda unha serie de cambios dos que xa empezamos a ter indicios, sendo as cidades que antes os adoiten as que mellor encararán o futuro. 

En esencia, vemos que as persoas van á procura de experiencias memorábeis, e que ademais, a un nivel máis profundo, demandan que se esperte e se consolide unha memoria colectiva da que se sentir orgullosas. Na súa voz, todo isto resumiríase nunha soa frase: Compostela, querémoste sempre viva e na nosa memoria.

Contido extraído do número 6.

Aquí tes máis contidos relevantes:

«A miña patria é a miña infancia»

Por JOSÉ ANTONIO LIÑARES

A miña música compostelá

Por CARME HERMIDA GULÍAS

Niké

Por ANXO RABUÑAL

Nanube

150 150 CORALIA

É TENDENCIA

Nanube

A elegancia do equilibrio

Casamente unha década despois da súa fundación, a identidade atlántica de Nanube está a mudar a fisionomía de Compostela con espazos singulares, impregnados da elegancia do equilibrio.

O éxito dos seus proxectos apóiase na rigorosidade do seu traballo de deseño do espazo, de xestión e dirección de obra, e de deseño do equipamento. Baixo a dirección e supervisión da arquitecta e enxeñeira Xema Varela, o equipo de profesionais de Nanube busca sempre a excelencia, por iso o éxito acompaña todos os proxectos que pasan polas súas mans.

«Cada proxecto é novo, cada encarga é única, por iso non temos solucións tipo. Nin estamos suxeitos á unha idea estrita nin teimamos nunha liña creativa predeterminada».

«Hai xente que entende o deseño como unha actividade totalmente desvinculada do mundo da arte, pero nós pensamos ao contrario, entendendo que non só deben confluír, senón que deben ir da man en todo momento».

««Estamos moito no sitio, probamos todo, facemos maquetas e prototipos, pensamos moito en conxunto. É un xeito de traballar que nos parece moi práctico, estando a pé de obra».

  • Ramón Cabanillas, 6, 3ºb
    881 97 71 34 / 638 45 53 80
    www.nanube.com

  • De luns a venres.
    Con cita previa.

A liberdade e independencia creativa que caracteriza a Nanube fai do quilómetro cero o punto de partida de todas as súas obras. Como resume Xema: «Cada proxecto é novo, cada encarga é única, por iso non temos solucións tipo. Nin estamos suxeitos á unha idea estrita nin teimamos nunha liña creativa predeterminada».

O estudio achégase a cada novo cliente como se o fixera a un novo mundo por descubrir. Escoitar as súas necesidades, conversar e coñecer a súa idiosincrasia, e desentrañar os seus obxectivos e particularidades, son a base sobre a que se estruturará o seu proxecto de interiorismo, unha identidade única que deberá remarcarse en todas as fases do proceso.

Fiel a súa natureza creativa, Nanube practica a experimentación en cada unha das etapas dos seus proxectos. Por iso, un aspecto importante do seu xeito de traballar é probar ideas e solucións de maneira práctica. Un estilo que implica comprobar in situ que algo funciona, que se adecúa e que cumpre as funcións para o que foi concibido. Como aclara Varela: «Estamos moito no sitio, probamos todo, facemos maquetas e prototipos, pensamos moito en conxunto. É un xeito de traballar que nos parece moi práctico, estando a pé de obra».

No deseño de interiores, a profesionalidade do equipo é un factor que anticipa cal será o resultado. Cuestións como a optimización do tempo -en relación á tramitación da documentación para a execución da obra-, a correcta estruturación do orzamento -que elimine as desviacións e os imprevistos- e o deseño equilibrado -que faga dun espazo o lugar onde todo o mundo desexe estar- son claves no éxito de Nanube. «O que máis nos pide a xente -explica a directora do estudio- é que nos ocupemos de todo, porque quen está pensando en montar un negocio xa ten bastantes outras cousas das que ocuparse. O que contratan é seguridade. Queren ter a seguridade de que o interiorismo vai ter coherencia co resto, que lle poden confiar esa tarefa a alguén e que, ao facelo, van estar tranquilos».

«Hai xente que entende o deseño como unha actividade totalmente desvinculada do mundo da arte, pero nós pensamos ao contrario, entendendo que non só deben confluír, senón que deben ir da man en todo momento». Grazas á coherencia das súas solucións e á calidade dos seus acabados, empresas como Cyra-Hugo Boss, Abastos 2.0, Padel Compostela ou Emprendia confíanlle a Nanube o seu interiorismo.

En todas as intervencións de Nanube está presente a sutileza. Tamén a personalidade do cliente, cuxa esencia debe inspirar o traballo que se vai realizar. Para facelo realidade, Xema e o seu equipo afástanse de formulacións baseadas no impacto rápido ou en efectos invasores, proxectando espazos equilibrados nos que as propiedades sensoriais figuren en primeiro termo. «A madeira é sen dúbida o material máis atemporal que podemos escoller á hora de lle garantir unha gran durabilidade a un espazo e ao noso interiorismo, pero cada caso esixe solucións materiais únicas». De feito, Nanube crea obxectos, adornos e mobiliario que poder tocar, portadores de harmonía atlántica e da elegancia chea de matices da arte galega. Deseños creados coas mans para ser descubertos coas mans. «Crear cousas a man, crear obxectos artesáns é outro dos nosos aspectos máis característicos. Gústanos achegarlles aos detalles finais un toque especial, que os poña en relación coa nosa artesanía». Cada unha das súas pezas de mobiliario distínguese por procurar a simplicidade, sen que iso supoña renunciar á exploración doutras liñas de traballo máis barrocas. Pero en todos os casos, é o espazo o que determina o mobiliario, un conxunto de pezas que debe axudar a equilibrar os distintos factores que interveñen na xeración da atmosfera da área intervida. Por iso, para obter un éxito seguro, proxéctase en maquetas ata o máis mínimo detalle, incluíndo as cadeiras, as mesas e o resto do mobiliario, co obxectivo de atopar o complemento axeitado a cada espazo e poder pechar así o círculo perfecto dos proxectos firmados por Nanube.

«A nós preocúpanos ademais que as cousas sexan de usar e tirar, por iso defendemos que bo deseño é aquel que resiste ao paso do tempo. Os bos deseños de interiores son os que melloran co tempo, os que collen pátina!».

Contido extraído do número 5.

«Polo noso estudio transitan multitude de nubes -cóntanos Xema cun sorriso nos labios-; nubes grises, brancas, azuis ou amarelas; nubes que se cruzan e que ás veces se separan; nubes que se coñecen ou descoñecen; nubes que ás veces están ledas e outras non tanto!». Nanube é un rodopío de creatividade que acaba por converterse nunha nube florida, a que xorde cando se entra no período das conclusións, a que aparece cando as ideas se materializan e o proxecto acada o seu apoxeo.

Nanube reivindica para Compostela un lugar preeminente dentro do mundo do interiorismo, que faga da capital galega un dos centros neurálxicos da creatividade. Iso permitiría exportar máis deseño «feito en Galicia» e poñerlle freo á absorción de deseños propios de Dinamarca, Francia ou Italia. «A nós -reflexiona Xema-, preocúpanos ademais que as cousas sexan de usar e tirar, por iso defendemos que bo deseño é aquel que resiste ao paso do tempo. Os bos deseños de interiores son os que melloran co tempo, os que collen pátina!». De feito, para a personalización dos establecementos comerciais, o estudio acostuma tomar como base elementos de creadores locais que se converten no seu trazo distintivo, mentres que no fogar, o interiorismo de Nanube busca espazos flexíbeis libres de divisións. Unha idea que tamén está a revolucionar o concepto dos espazos de traballo, áreas nas que deberemos movernos máis libremente, para propiciar unha mellor comunicación entre os compañeiros e aumentar, de paso, a rendibilidade.

Convertendo as súas propostas en tendencia, a compostelá Nanube é xa unha referencia imprescindíbel do novo interiorismo atlántico, que vén de ser recoñecida co Premio Manuel Beiras á empresa cun uso continuado do galego por levar a lingua a un ámbito no que aínda ten escasa presenza e por facelo dun xeito coherente. «Para nós foi unha mostra de cariño -explica Xema. O galardón fíxonos sentir que estabamos integrados na cidade, que a túa cidade sabe que existes e que sabe que podes ter algo que achegarlle».

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido