Unha nova edición dos Premios Alfredo Iglesias está en marcha
A II edición dos Premios Alfredo Iglesias terá o lugar o luns, 16 de xaneiro de 2023 no Auditorio Constante Liste, no concello de Teo.
Estes galardóns afondan nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción desde unha perspectiva de aunténtica normalidade. Destacan, asemade, o comprimiso social desde a posición da igualdade que proxecto a proxecto veñen demostrando.
Na anterior edición foron merecedoras Guadi Galego, Marilar Aleixandre, Maruja Limón, Begoña Vila, Helena Villar Janeiro e María Mera, entre outros, causando unha gran espectación polo número de mulleres que recibiron este recoñecemento.
A entrega de premios terá lugar o lugar o luns, 16 de xaneiro de 2023 ás 20.30h no Auditorio Constante Liste, no concello de Teo.
Os e as premiadas desta ll edición son:
Premio Alfredo Iglesias na música
Mercedes Peón
Premio Alfredo Iglesias na ilustración
Luz Beloso
Premio Alfredo Iglesias na artesanía
Elena Ferro
Premio Alfredo Iglesias na escrita
Estíbaliz Espinosa
Premio Alfredo Iglesias na moda
Diana Nogueira
Premio Alfredo Iglesias na gastronomía
Mamá Peixe
Premio Alfredo Iglesias ao mellor locutor/locutora
María Xosé Rodríguez
Premio Alfredo Iglesias á traxectoria dunha vida
Tino Martínez
Premio Alfredo Iglesias á mellor iniciativa social
Programa Fogares
Juan Mera
O rei do ring
Xosé Manuel Beiras
«Sempre souben que nunca ía ser presidente»
Margarita Ledo
«Son xornalista por un fake»
Xesús Couceiro
«Nunca tentei vender un libro»