•  981 806 528 & 670 594 685 info@coralia.gal

DITAMOS SENTENZA

150 150 CORALIA

DITAMOS SENTENZA

Marineda vestía de gala, a noite caía, morna. O balbordo da xente ateigaba as rúas e o Mestre observaba desde as estrelas. Un ir e vir de flashes anunciaba a progresiva chegada e o forte pisar de todos aqueles e aquelas que lle poñen luz e cor ás nosas pantallas. A gran festa do cine galego ía comezar. Peiteados, maquillaxes, xoias, vestidos e traxes rebulían por facerse un oco diante das miradas de curiosidade do público que buscaba entre o bulicio ao seu actor, actriz ou guionista favorito tentando inmortalizar un momento para unha vida.

A XX gala dos premios Mestre Mateo daba vida a unha anovada edición, con ganas de cambio, con ganas de facer do visual un atractivo nunca antes visto e de romper unha monotonía pasada. Dar cabida á imaxe é fundamental nun evento destas características, imprescindible para atraer a atención desoutras redaccións de moda e tendencias.

A Coralia chamoulle a atención, acudimos co sentido máis crítico, quizais deixados levar polo que algúns dan en chamar «frivolidade». A moda non é tan superficial como parece ou como algúns sectores nos queren facer ver. Ela forma parte do noso día a día sendo o reflexo, moitas veces, do noso estado de ánimo. Serve ela tamén para manifestar un pensamento, unha reivindicación ou, como é o caso, chamar a atención de quen nos observa. Coáronse nesta festa do audiovisual galego, as nosas bolseiras, Cocó e París. As súas grandes orellas oíron de todo e os seus amendoados ollos viron moito máis, iso si, desde moi abaixo, porque estas dúas aspirantes a ser iconas da moda, son dúas cocker soñadoras que pouco lles importa o que dirán delas e das súas crónicas de estilo.

Propuxéronnos facer unha listaxe para votar os mellores e peores looks da noite, sabedeiras de que non todo o mundo ía estar de acordo e de que o resultado non ía ser do agrado de todas e todos os asistentes. Non se perden en tecnicismos, nin no postureo de seren as mellores estilistas, tampouco pelexan por poñerse diante dun obxectivo pregando saír ao día seguinte nalgunha perdida sección de tendencias dalgún xornal local, nin tampouco por desfacerse en louvanzas para, como non, saíren na tele.

Cocó e París téñeno claro. E mirando ao lema da gala, «vaia fauna» e aínda que a mona se vista de seda, mona queda, elas non tiveron o menor reparo e contar o que viron e oíron.

Confiamos nelas e no seu criterio e dixemos: «Veña, fagamos un ranking, rompamos esa tendencia ao clientelismo mediático». E así foi, e isto é o que os nosos lectores e lectoras decidiron:

 

OS MELLORES «LOOKS»

María Mera

 

Estíbaliz Veiga

 

Andrés Rozados

 

OS PEORES «LOOKS»

 

TANXUGUEIRAS

 

Natalia Alcayde

 

Ana Iglesias e acompañante

 

 

 

Queres ollar outros contidos relevantes?
Política de privacidade

Se consente a utilización de cookies, continúa navegando ou fai clic nalgún link entenderase que consinte a nosa política de cookies e, por tanto, a instalación das mesmas no seu equipo ou dispositivo.

Se vostede quere, pode cambiar a configuración de cookies en calquera momento, configurando o seu navegador para aceptar, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise cando un servidor queira gardar unha cookie.

Esta web utiliza cookies.
error: Contido protexido